O COLEXIO O GRUPO RECIBE A 28 ALUMNOS DE SANTA MARÍA DA FEIRA NO MARCO DUN PROGRAMA DE INTERCAMBIO DO EIXO ATLÁNTICO

O COLEXIO O GRUPO RECIBE A 28 ALUMNOS DE SANTA MARÍA DA FEIRA NO MARCO DUN PROGRAMA DE INTERCAMBIO DO EIXO ATLÁNTICO

Escrito el 09/05/2019


Un grupo de 28 nenos e nenas de 5º de Primaria procedentes de Santa María da Feira, localidade portuguesa próxima a Oporto, recalaron no día de hoxe no noso municipio no marco dun programa de intercambio escolar co colexio O Grupo que forma parte do programa de educación do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e se prolongará ata mañá venres.

 

Os rapaces e os seus mestres foron recibidos este mediodía na Casa do Concello polo alcalde Manuel Ruiz e polo concelleiro de Educación, David Fernández, quen lle desexaron unha agradable e frutífera estancia no noso concello. Tamén estiveron no evento membros do profesorado do colexio riveirense (entre eles, o seu director Anxo Corbelle) e medio cento de alumnos de 5º de Primaria deste centro que no mes de xuño viaxarán á localidade portuguesa.

 

Aos lusos lles espera agora unha intensa axenda con visitas ao parque de San Roque, o dolmen de Axeitos, o parque natural de Corrubedo ou o museo municipal, entre outros enclaves. Pernoctarán no camping rural Ría de Arousa II.