RECEPCIÓN AO EQUIPO FEMININO DO CLUB DE REMO NÁUTICO DE RIVEIRA TRAS ALZARSE CO CAMPIONATO ABSOLUTO DE ESPAÑA DE BATEIS

RECEPCIÓN AO EQUIPO FEMININO DO CLUB DE REMO NÁUTICO DE RIVEIRA TRAS ALZARSE CO CAMPIONATO ABSOLUTO DE ESPAÑA DE BATEIS

Escrito el 09/05/2019


O Club de Remo Náutico de Riveira foi obxecto esta tarde dunha recepción por parte do alcalde no salón de sesións da Casa Consistorial de Riveira logo de alzarse co campionato feminino de España de bateis en augas de Teis (Vigo), ademais do certame galego en idéntica categoría disputado en Meira.

 

As rapazas que enarbolaron a bandeira de campioas absolutas ( María Iglesias, Laura Martínez, Alexandra López, Sandra Sánchez e a patroa Natalia Tubío) tiveron ocasión de asinar por esta nova fazaña no libro de honra do Concello. Recibiron ademais como obsequio institucional unha réplica en cerámica do faro de Corrubedo que recolleu o seu adestrador, Jesús Silva.

 

O encontro rematou cunha foto de familia.