A Deputación da Coruña destina máis de medio millón de euros a apoiar festivais dos concellos

A Deputación da Coruña destina máis de medio millón de euros a apoiar festivais dos concellos

Escrito el 13/05/2019


Un total de 545.607, 58  é o total do orzamento que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina nesta nova edición a apoiar os festivais culturais organizados polos concellos. Cineuropa, O Festival de Ortigueira, Curtocircuito, Rock in Cambre, a Mostra de Teatro de Cariño, o Interplay de Carballo  ou o Asalto ao Castelo de Vimianzo son algúns dos 28 festivais que reciben financiamento por esta liña. A esta resolución sumarase a destinada a festivais organizados por entidades co que se superará o millón de euros.

 

Case trinta festivais audiovisuais, de artes escénicas ou musicais organizados directamente polos concellos da Coruña reciben da Deputación da Coruña un total de 545.607,607€ a través da liña de concorrencia competitiva da que o BOP publica este martes día 13 de maio a resolución provisionais. Festivais de longo percorrido como o de música celta de Ortigueira e outros de máis nova creación como o Mares do Fin do Mundo de Carnota que chega a súa segunda edición son algúns dos 28 festivais que a Deputación da Coruña apoia a través desta liña de axudas que sitúan á institución na primeira en colaboración financieira neste ámbito de difusión cultural.

 

No ámbito audiovisual, a Deputación apoia festivais como Cineuropa, Curtocircuito, Interplay, Mares da Fin do Mundo de Carnota, Curtametraxes Vila de Noia, Chanfaina Lab de San Sadurniño, Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Crianza, de Ames ou o Festival de Cinema Premios Fouciño de Zas reciben axudas para a promoción e difusión no ámbito audiovisual.

 

Na música, inclúense algúns dos festivais con maior tradición na cultura galega como o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira ou o Festival do Queixo de Arzúa ademais do Rock in Cambre, Guísamo Folk, Festival das Ondas de Fene, Traz outro amigo também de Cedeira, Festival Internacional de Blues de Fisterra, Noite de Bolos de Neda, Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, Noia Jazz, Festival Desordes Sonoras de Ordes, Naturfest de Rois, Silsalde de Arteixo, Noites de Jazz de Rianxo ou o Asalto ao Castelo de Vimianzo.

 

Tamén en artes escénicas, a Deputación da Coruña apoia a realización de festivais como o Vai de Rúa de Betanzos, a Mostra de Teatro de Cariño, Festival de Maxia de Lousame, Rúa Ext-cénica de Oleiros ou o de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón.

 

"OS festivais son unha extraordinaria plataforma de promoción cultural que afortala o sector creativo ademais de ser unha maneira de achegar a cultura ás persoas seguindo o lema que nos defendemos de que a cultura é un dereito", explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.

 

 

Festival

Concedido

 

 

 

CINEUROPA 2019 (Santiago)

76.000,00

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA 'CURTOCIRCUITO 2019'

(Santiago)

75.000,00

CINEMA CRIANZA 2019-Ames

22.800,00

III FESTIVAL FOLK DE SILSALDE 2019-Arteixo

9.552,90

FESTIVAL DO QUEIXO 2019-Arzúa

22.787,45

GUISAMO FOLK 2019-Bergondo

6.300,00

ORGANIZACION FESTIVAL "VAI DE RUA" ANO 2019-Betanzos

2.498,65

ROCK IN CAMBRE 2019

45.500,00

FESTIVAL CARBALLO INTERPLAY 2019

39.110,14

MOSTRA DE TEATRO DE CARIÑO

24.527,79

II MARES DA FIN DO MUNDO-Carnota

9.401,70

TRAZ OUTRO AMIGO TAMBÉM. FESTIVAL DE MÚSICA GALEGO-PORTUGUESA-Cedeira

2.117,20

II FESTIVAL DAS ONDAS-Fene

3.061,30

III FESTIVAL INTERNACIONAL DE BLUES DE FISTERRA - FISTERRA BLUES EXPERIENCE-Fisterra

20.684,72

IV FESTIVAL DE MAXIA DE LOUSAME-FESTIMAXIA-Lousame

2.380,00

FESTIVAL NOITE DE BOLOS-Neda

3.360,20

VI FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARPA "VILA DE NOIA"

6.314,39

XX MOSTRA DE CURTAMETRAXES VILA DE NOIA

15.000,00

NOIA JAZZ 2019

1.851,30

RÚA EXT-CENICA: III FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS NA RUA-Oleiros

2.240,00

VIII EDICIÓN DO FESTIVAL DESORDES SONORAS-Ordes

3.295,68

FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA 2019-Ortigueira

95.000,00

FESTIVAL JAZZ-Rianxo

5.958,02

NATURFEST ROIS 2019-Rois

1.500,00

CHANFAINA LAB 2019-San Sadurniño

4.041,14

ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO

27.435,00

FESTIVAL DE CINEMA PREMIOS FOUCIÑO-Zas

1.500,00

35ª MOTIX. MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUV. DE NARON

16.390,00

Total concedido:

545.607,58