FINALIZAN AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN E INSTALACIÓN DUNHA LIÑA DE PLUVIAIS NUN TRAMO DE RÚA TORREIRO EN CORRUBEDO

FINALIZAN AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN E INSTALACIÓN DUNHA LIÑA DE PLUVIAIS NUN TRAMO DE RÚA TORREIRO EN CORRUBEDO

Escrito el 04/07/2019


O Concello de Riveira informa da conclusión das obras de pavimentación e instalación dunha liña de pluviais nun tramo da rúa Torreiro en Corrubedo.

 

Operarios da empresa Excavaciones Nima. S.L. realizaron esta actuación, que comportou un investimento de 22.649 euros, IVE incluído.

 

O proxecto executado perseguía tanto mellorar o pavimento da rúa Torreiro como conectar as acometidas domiciliarias de augas residuais ao colector conducente á EDAR de Corrubedo,, ademais de instalar unha rede independente para a recollida de augas pluviais da que carecía.

 

Con tal fin, no que respecta ao saneamento executáronse sete acometidas domiliciarias, mentres que para pluviais se instalaron 60 metros de tubería de PVC corrugado, catro pozos de revistro, catro arquetas sumidoiro e catro acometidas.

 

En canto a pavimentos, combínanse o formigón pulido con franxas de pedra de granito.