LUZ VERDE Á COMPRA POR PARTE DO CONCELLO DE RIVEIRA DAS CONSTRUCIÓNS DE AREA SECADA RELACIONADAS COA INDUSTRIA DA SALGAURA

LUZ VERDE Á COMPRA POR PARTE DO CONCELLO DE RIVEIRA DAS CONSTRUCIÓNS DE AREA SECADA RELACIONADAS COA INDUSTRIA DA SALGAURA

Escrito el 07/11/2019


O Concello de Riveira informa de que a xunta de goberno local dou luz verde á adquisición dunha parcela de 821 metros cadrados de superficie en Area Secada. Na referida parcela, que se sitúa ao borde do deslinde marítimo-terrestre, xusto no punto de interconexión entre os paseos do Touro e A Ameixida, atópanse unhas construcións en estado ruinoso que estiveron destinadas no seu momento a faenas relacionadas co mar.

A tal efecto, o que se pretende coa adquisición da devandita parcela por parte do Concello reside en, por un lado, completar o desenvolvemento desta zona litoral de tránsito e esparcemento e, por outro, restaurar e conservar esas construcións vinculadas coa industria da conservación do peixe entre mediados do século XIX e mediados do século XIX, coa fin de poñer en valor así a historia da salgadura no noso municipio.

O importe da compra, da que unicamente falta a formalización ante notario, ascende a 67.929 euros sufragados co remanente de tesourería.