CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS NA FIEITEIRA

CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS NA FIEITEIRA

Escrito el 08/11/2019


A modo de preámbulo dos actos conmemorativos do Día Internacional da Violencia de Xénero do 25 de novembro, o Concello de Riveira a través do CIM promove a realización dun curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas que será impartido por especialistas da Federación Galega de Loita pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

 

Esta actividade terá lugar o sábado 23 de novembro de 10 a 14 e de 16 a 20 horas no complexo deportivo da Fieiteira. As inscricións débense formalizar no CIM (rúa Deán Pequeño nº4 / 981 871 131 / cim@riveira.com).