SETE ORGANIZACIÓNS QUE TRABALLAN CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL EN RIVEIRA ASINARON CONVENIOS DE COLABORACIÓN CO CONCELLO

SETE ORGANIZACIÓNS QUE TRABALLAN CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL EN RIVEIRA ASINARON CONVENIOS DE COLABORACIÓN CO CONCELLO

Escrito el 08/11/2019


Alcalde de Riveira e representantes de sete organizacións de carácter social que operan no noso municipio rubricaron esta mañá os convenios de colaboración polos que a administración local subvenciona distintos programas e iniciativas promovidos por estes colectivos para traballar contra a exclusión e a prol da integración no municipio riveirense.

 

As sete entidades foron A Creba, Ambar, Amicos, Amigos de Galicia, Cáritas, Faibén, e Renacer e o importe global das axudas ascende a 32.000 euros. Os programas ou iniciativas apoiadas a través destas achegas son: na asociación A Creba, o programa de transporte de usuarios; na asociación Ambar, o programa “Vivindo na comunidade”; na asociación Amicos, o servizo de atención psicopedagóxica; en Cáritas, a cobertura de necesidades básicas; na fundación Amigos de Galicia, a loita contra a pobreza e a exclusión; na fundación Faibén, o proxecto “Contigo”; e na Asociación Antidroga Renacer, o programa de prevención no eido das drogodependencias.

 

O alcalde salientou a intención de seguir incrementando a contía destas axudas e loou o papel de todas estas entidades coa fin de erradicar factores que conduzan a situacións de exclusión social e mellorar a calidade de vida de persoas especialmente vulnerables.

 

Tamén estivo presente a concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz.