A Deputación destina 108.000 euros para apoiar a 33 entidades agrarias e labregas da provincia nos seus investimentos

A Deputación destina 108.000 euros para apoiar a 33 entidades agrarias e labregas da provincia nos seus investimentos

Escrito el 27/11/2019


A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a resolución provisional dunha das liñas de subvencións dirixidas a entidades agrarias e labregas da provincia, financiando con 107.921,18 euros a realización de diferentes investimentos.

Un total de 33 sociedades e cooperativas agrarias, forestais, gandeiras e comunidades de montes recibirán o apoio da área de Promoción Económica da Deputación para financiar proxectos de mellora, modernización e dixitalización das súas instalacións, adquisición de maquinaria agrícola, construción e acondicionamento de pistas ou repoboacións forestais, entre outras. As axudas suporán o financiamento do 80% destes investimentos e oscilan entre os 1.650 eos 6.200 euros, en función do importe solicitado.

O obxectivo é “apoiar e impulsar melloras en sectores clave para a economía  coruñesa coma o agrario, o lácteo ou o forestal”, explicou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, que anunciou que a principios de decembro terá lugar a resolución doutra liña de axudas ao sector, con máis de 450.000 euros de orzamento, para apoiar ás entidades agrarias e labregas no desenvolvemento de actividades.

Lista completa da concesión provisional de axudas no BOP de hoxe:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/11/27/2019_0000009465.pdf

 

 

 

 

Concedidas provisionalmente

Solicitudes

Importe

subvención

Beneficiario: A ESTIVADA, SOC.COOP.GALEGA
Obxecto:Instalaciones explotación ganadera

1.650,00€

Beneficiario: ASOCIACION FORESTAL DE GALICIA
Obxecto: Compra de dúas cámaras de fotos, unha tablet, dous medidores dixitais de alturas de árbores (Vértex) e dúas forcípulas dixitais

3.168,00€

Beneficiario: ASOCIACION GALEGA PROMOTORA DA CERTIFICACION FORESTAL
Obxecto: Modernización e actualización da páxina web do PEFC GALICIA

1.650,00€

Beneficiario: ASOCIACION PROVINCIAL DE CRIADORES DE FRISON LA CORUÑA
Obxecto: Axuda para a realización de probas xenómicas en animais da raza frisona nas explotacións da provincia de A Coruña, compra de esquiladoras para vacas e 2 ordenadores.

5.550,00€

Beneficiario: CARRELAS, SAT N.1265 XUGA
Obxecto: Impermeabilización balsa para almacenamento de purín

2.950,00€

Beneficiario: CASTRO DE MAROÑAS, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA
Obxecto:Adquisición maquinaria agricola

2.300,00€

Beneficiario: CELTIGOS S.COOP.GALEGA
Obxecto:Pre enfriador de leite a placas

1.800,00€

Beneficiario: CENTRAL DE FRADES SOCIEDADE COOP.GALEGA
Obxecto:Instalación de aseos e vestiarios, oficina e melloras no pavimento dos accesos á fábrica.

6.200,00€

Beneficiario: C.M.V.M.C.SESTAIO DE ARRIBA E FONDO
Obxecto:Adquisición maquinaria

1.650,00€

Beneficiario: COMUNIDAD DE MONTE VECINAL EN MANO COMUN DE MARSELLE
Obxecto:Construción de pista forestal e drenaxe cmvmcmarselle 2019

3.573,06€

Beneficiario: COMUNIDAD DE MONTES EN MANO COMUN CONFURCO DE CES
Obxecto:Repoboación forestal e realización de peche perimetral da plantación en terreos pertencentes a comunidade de montes de Confurco de ces, concello Lousame (A Coruña)

3.600,00€

Beneficiario: COMUNIDAD MONTE EN MANO COMUN DE VILAS
Obxecto:Repoboación forestal en terreos pertencentes a comunidade de montes de Vilas, concello Lousame (A Coruña)

2.989,40€

Beneficiario: COMUNIDAD MONTE VECINAL EN MANO COMUN COLON DE MIRON-LESENDE-LOUSAME
Obxecto:Arranxo de pista forestal e colocación de drenaxe na comunidade de montes de Miron (colon de Miron), concello Lousame (A Coruña)

4.250,00€

Beneficiario: COMUNIDAD MONTE VECINAL MANO COMUN DE VILOURIZ-TOQUES
Obxecto:Acondicionamento e mellora do acceso a varias parcelas rústicas na comunidade de montes veciñais en man común de Vilouríz (Toques)

6.200,00€

Beneficiario: COMUNIDAD MONTE VV.EN MANO COMUN AFEOSA
Obxecto:Construcción de pista forestal e colocación de drenaxe na comunidade de montes de Afeosa, concello Lousame (A Coruña)

2.608,61€

Beneficiario: COMUNIDAD MONTES M.COMUN DE LOURO MEAN OROSO NARAYO Y TIGIA
Obxecto:Arrancho de varios accesos ós montes da c.v.m.m. de Louro

2.860,00€

Beneficiario: COMUNIDAD MONTES VECINALES EN MANO COMUN DE COTO DE SOÑORA
Obxecto:Repoboación forestal con frondosas autóctonas, no monte veciñal en man comun de Soñora con cif v15682412, concello Rois (A Coruña)

3.173,95€

Beneficiario: COMUNIDAD MONTES VECINALES EN MANO COMUN DE SAN ADRIAN DE VEIGA-ORTIGUEIRA
Obxecto:"Creacion de peche en terreos pertencentes a c.m.v.m.c San Adrian de Veiga, concello de Ortigueira (A Coruña)"

4.900,00€

Beneficiario: COMUNIDAD VECINAL MONTES EN MANO COMUN PARROQ.ARTES RIVEIRA
Obxecto:Ampliacion de pista e construccion de muro

2.820,00€

Beneficiario: COMUN.MTE.VV.M.C.BARBANZA ENXA XIAN DORDO COSTA D ABAIXO SOBRADO
Obxecto:Valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte veciñal en man común (mvmc) "Barbanza, Enxa, Xián, Dordo, costa de abaixo e o Sobrado" (baroña, Porto do Son)

4.900,00€

Beneficiario: EL PLANTEL COMARCAL DE BETANZOS S. COOP. GALEGA
Obxecto:Colocacion de cubertas con materias aislantes e non contaminantes en fabrica de pensos

4.900,00€

Beneficiario: ENTIDADE GALEGA SOLICITANTE DA CERTIFICACION FORESTAL
Obxecto:Páxina web

3.300,00€

Beneficiario: GANADERIAS DE BERGANTIÑOS S.COOP.GALEGA
Obxecto:Adquisición maquinaria agricola

4.400,00€

Beneficiario: LANDEIRA, S.COOP.GALEGA
Obxecto:Adquisición pasteurizadora

2.160,00€

Beneficiario: PESADOIRA S.A.T. N.1242 XUGA
Obxecto:Investimento en cimentación frente a silos forraxeiros

1.650,00€

Beneficiario: SAN VICENTE DE NIVEIRO S.A.T. 1141 XUGA
Obxecto:Investimento na compra dun fileirador de forraxes

1.650,00€

Beneficiario: SAT CIVES
Obxecto:Investimento en silos de penso para almacén de concentrado

2.950,00€

Beneficiario: S.A.T. FIBA N.1173 XUGA
Obxecto:Investimento nun pre- enfriador de leite a placas

1.800,00€

Beneficiario: S.A.T. FONTECOBA N.1205 XUGA
Obxecto:Investimento nun sistema de limpeza para establo para mellora das condicións de hixiene

2.016,00€

Beneficiario: SAT PALANCANA NUM.1394 XUGA
Obxecto:Sulfatadora 1200 litros con brazos hidráulicos

2.300,00€

Beneficiario: SAT VILA ALBORES NUMERO 1044
Obxecto:Investimento en identificadores cowscout de cuello, con actividiade, tempos inxesta e rumia.

2.300,00€

Beneficiario: SOCIEDAD COOPERATIVA XALLAS DE SANTA COMBA
Obxecto:Investimentos para control e optimizacion do proceso productivo

4.900,00€

Beneficiario: SONEIRA BERGANTIÑOS SOC.COOP.GALEGA
Obxecto:Adquisicion de maquinaria agricola

4.802,16€

 

Total concedido 107.921,18€