A Deputación da Coruña presentará en Culturgal a súa acción cultural e as obras premiadas este ano

A Deputación da Coruña presentará en Culturgal a súa acción cultural e as obras premiadas este ano

Escrito el 27/11/2019


Presentación dos libros dos premios literarios, exposición do Ksado de fotografía ou concerto das gañadoras na recente edición do Quero Cantar son algunhas das iniciativas que a Deputación da Coruña ofrece no programa do Culturgal que se desenvolverá desde este venres día 29 de novembro ao domingo 1 de decembro.

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña instalará un stand propio no espazo de feira do Culturgal 2019 desde o que dará a coñecer a súa acción no sector, desde a Rede Cultural até as distintas convocatorias de axudas, o seu apoio aos sectores culturais, a promoción da creación coa convocatoria dun amplo abano de premios en distintas disciplinas artísticas ou a contribución á profesionalización e especialización de profesionais do sector.

 

"Culturgal é xa o escaparate máis consolidado para a cultura galega e un singular espazo de encontro para representantes dos sector polo que a área da Cultura da Deputación da Coruña considera xa a súa presenza como unha cita imprescindíbel no calendairo cultural anual", sinalou o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

 

Como aconteceu na anterior edición, a Deputación da Coruña inaugurará no Pazo da Cultura de Pontevedra, sede de Culturgal, unha exposición que este ano mostrará as  ver as series gañadoras da XIV edición do premio Luís Ksado de fotografía, Fillos de Breogán" do lugués Alejandro Real Novo e "Gangborder" de Javier Arcenillas, ademais das coleccións dos finalistas dos certames.

 

Os premios, neste caso literarios, serán os protagonistas do programa do Culturgal no Espazo Libro o sábado ás 18.45 horas coa presentación da obra gañadora do Premio Torrente Ballester “900” de Xabier López;  a do Raíña Lupa da Literatura Infantil  coa autora An Alfaya e a súa obra “O Grupo”; e o González Garcés  de poesía con Eli Ríos e coa obra “Ningunha tortilla é mala”

 

O domingo ás 12 horas, como aconteceu na anterior edición do Culturgal, o Espazo Carpa abrirase de novo para acoller as propostas gañadoras da nova edición do Quero Cantar, nesta ocasión apenas uns días despois da gala final na que se decidiron as cancións gañadoras. Desta volta, en Pontevedra poderase escoitar á triunfadora na categoría infantil, Isma Kalo da Coruña, e a da categoría xuvenil de Caión, "A música das Baleas".

 

Tamén a Biblioteca Provincial da Deputación presentará no Culturgal ás 11:00 horas os seus servizos dixitais e ás 20:00 realizarán un sorteo dun soporte electrónico (e-reader) entre as persoas asistentes que se deron de alta ese día no servizo de lectura dixital da biblioteca.

 

O programa da Deputación no Culturgal completarase coa oferta para nenos e nenas co obradoiro de banda deseñada impartido por Oliver Añón, gañadora do Premio Castelao,, un obradoiro de robótica sobre "A filla do minotauro" e unha clase aberta de movemento, ritmo e creación do Conservatorio profesional de Danza da Deputación da Coruña.

 

Para asistir ao Culturgal, a organización da feira, dispón de autobuses con saída da Coruña e  Santiago de Compostela cun prezo de 14 e 12 euros ida e volta con entrada incluída.

 

 

PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NO CULTURGAL

 

VENRES:

11H15 Inauguración Exposición XIV Premio "LUIS KSADO" de creación fotográfica. cos traballos dos gañadores da última edición: Alejandro Real e Javier Arnecillas. Aberta durante toda a feira.

 

SÁBADO

 

11h00 Presentación do CLUB de LECTURA Dixital da Biblioteca da Deputación da Coruña - Espazo Foro

 

18h45 Presentación PREMIOS TORRENTE BALLESTER de Narrativa coa obra “900” de Xabier López;  - RAÍÑA LUPA da Literatura Infantil  coa autora An Alfaya e a súa obra “O Grupo”; e GONZALEZ  GARCÉS de poesía con Eli Ríos e coa obra “Ningunha tortilla é mala” - Espazo LIbro

 

DOMINGO

 

12h00 Quero Cantar. Concerto coas gañadoras da IV edición do QUERO CANTAR:  ISMA KALO, gañadora da categoría xuvenil; A MÚSICA DAS BALEAS DE CAIÓN, gañadores da categoría infantil - Espazo Carpa

12h00 "A caída de Ícaro". Clase aberta de movemento, ritmo e creación. Conservatorio profesional de Danza da Deputación da Coruña. Nenxs de 6  8 anos. Espazo Infantil

 

 

SABADO E DOMINGO

- Obradoiro de Banda Deseñada impartido por OLIVER AÑÓN - Premio "Castelao" 2018. Nenxs de 5 a 13 anos. Espazo gastro & Stand deputación

- Obradoiro de Robótica "A filla do Minotauro". Nenxs de 5 a 13 anos. Espazo Gastro.