A asociación cultural Prudencio Romo celebrará Santa Cecilia cun concerto este sábado na Igrexa de San Pedro de Tállara

A asociación cultural Prudencio Romo celebrará Santa Cecilia cun concerto este sábado na Igrexa de San Pedro de Tállara

Escrito el 28/11/2019


A asociación cultural Prudencio Romo organiza un concerto na honra a Santa Cecilia, patroa dos músicos, que terá lugar este sábado 30 de novembro, ás 18:00 horas, na Igrexa de San Pedro de Tállara (Lousame). A entrada é totalmente libre e de balde.

 

A presidenta da asociación cultural Prudencio Romo, Isabel Molares, explica que “a xornada comezará cunha misa ás seis da tarde e despois un concerto de algo máis de media hora no que participarán uns 25 músicos dirixidos por Fernando Froján”. Unha vez rematado o concerto, as persoas que integran a asociación celebrarán unha cea de confraternidade.