O CONCELLO CONTRATARÁ CINCO PERCEPTORES DA RISGA COMO PEÓNS PARA AS BRIGADAS DE MANTEMENTO E LIMPEZA DE VÍAS E ÁREAS VERDES

O CONCELLO CONTRATARÁ CINCO PERCEPTORES DA RISGA COMO PEÓNS PARA AS BRIGADAS DE MANTEMENTO E LIMPEZA DE VÍAS E ÁREAS VERDES

Escrito el 28/11/2019


O Concello de Riveira informa da contratación de cinco persoas perceptoras da Risga para prestar o seu servizo como peóns nas de mantemento, mellora e limpeza de vías e áreas verdes municipais.

De acordo coas bases reguladoras do proceso selectivo, a contratación realizarase a tempo parcial (75% da xornada) cunha duración de nove meses.

Esta contratación conta cunha axuda da Xunta de Galicia ao abeiro da orde do 12 de decembro de 2018.

As bases poden ser consultadas na páxina web do Concello (http://www.riveira.es/wp-content/uploads/2019/11/bases_risga19.pdf).