UN MERCADO DE NADAL, DOUS GOBOS E FÍO MUSICAL NAS RÚAS CON 4 TEMÁTICAS, ENTRE AS NOVIDADES PARA ESTAS FESTAS EN RIVEIRA

UN MERCADO DE NADAL, DOUS GOBOS E FÍO MUSICAL NAS RÚAS CON 4 TEMÁTICAS, ENTRE AS NOVIDADES PARA ESTAS FESTAS EN RIVEIRA

Escrito el 29/11/2019


A partir desta noite co acendido do alumeado navideño o Concello de Riveira disponse a festexar o Nadal cunha amplísima programación formada por máis de medio cento de actividades despregadas tanto na cidade como nas parroquias: un calendario que foi presentado esta mañá polos concelleiros de Cultura e de Comercio e Turismo, María Sampedro e Ramón Doval.

 

Entre as novidades destacáronse o emprazamento na praza da Porta do Sol dun mercado de Nadal entre o 20 de decembro e o 5 de xaneiro, no que haberá 16 postos de produtos desta época como xoguetes artesáns, turróns e doce, roupa e adornos de Nadal, e que se intercambiarán cun mercado similar situado en Vilagarcía posibilitando que cada semana os postos sexan distintos. A este respecto, se algún comercio local está interesado poden solicitar ocupar algún destes postos poñéndose en contacto coa Concellería de Comercio e Turismo ata o 11 de decembro.

 

Outra das novidades consiste na instalación de ambientación musical polas rúas con catro temáticas que se irán alternando nas diversas zonas (panxoliñas, música actual, jazz/blues e música da década dos 80) coa fin de axudar a dinamizar a actividade comercial. Tamén se destacou o incremento da inversión en alumeado de Nadal en máis de 30.000 euros que se traducen en novos elementos como unha bola xigante no Malecón, gobos nas fachadas do mercado e do museo, teitos lumínicos na contorna peonil de Rosalía de Castro e rúa Galicia ou árbores de Nadal en todas e cada unha das parroquias.

 

Non faltarán por suposto o tren do expreso de Oriente, os inchables, as actividades de “Enreda no Nadal” da carpa de usos múltiples, o Nadal Pelegrín, os espectáculos infantís, a festa de Noitevella, as charangas e concertos nas rúas, os bailes para os maiores, os concursos de escaparatismo e decoración hostaleira ou a cabalgata na que un ano máis haberá un Bus Real percorrendo todo o municipio con Melchor, Gaspar e Baltasar a bordo.

 

Así mesmo, tamén o tecido social celebrará diversos eventos como os festivais organizados por Cáritas, Tahume, Alfaia, Bailadela ou Amas de Casa ou tamén o tradicional concertó de confraternidade da coral do Círculo Mercantil e da coral municipal, na cal debuta como director Mateo Iglesias Seoane.


Programa NADAL CULTURAL Riveira 2019 2020 imprenta.pdf Programa NADAL CULTURAL Riveira 2019 2020 imprenta