REPRESENTANTES DE DOCE ENTIDADES SOCIAIS DE RIVEIRA SERÁN DISTINGUIDAS ESTE XOVES NO DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

REPRESENTANTES DE DOCE ENTIDADES SOCIAIS DE RIVEIRA SERÁN DISTINGUIDAS ESTE XOVES NO DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

Escrito el 02/12/2019


O vindeiro xoves 5 de decembro conmemórase o Día Internacional do Voluntariado e con tal motivo axentes de doce entidades de carácter social serán recoñecidas no salón de pleno da Casa Consistorial nun acto que arrancará ás 12 do mediodía.

 

Promovido polo Concello, as doce entidades son: Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira, Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, Cáritas, Asociación Española Contra o Cancro, Ambar, Amicos, Agadea, A Creba, Dignidad Riveira, Renovación e Renacer.

 

No transcurso do evento será recoñecido un voluntario por parte destas entidades, ademais de darse lectura a un manifesto institucional.

 

Risoterapia

Ademais, de 17 a 19 horas no Centro Cultural Lustres Rivas terá lugar o obradoiro vivencial “acércate á túa risa” (risoterapia) dirixido a persoas que exercen de voluntarias nalgunha entidade do municipio. Hai 25 prazas e as inscricións (de balde) débense realizar nos Servizos Sociais (teléfono 981 874 131 / email servizossociais@riveira.com).