DEZASETE OFERTAS PRESENTADAS ÁS OBRAS DE REFORZO DA PLUVIAIS E SANEAMENTO NA RÚA BUENOS AIRES EN CORRUBEDO

DEZASETE OFERTAS PRESENTADAS ÁS OBRAS DE REFORZO DA PLUVIAIS E SANEAMENTO NA RÚA BUENOS AIRES EN CORRUBEDO

Escrito el 07/02/2020


O Concello de Riveira informa de que un total de dezasete ofertas foron presentadas durante á licitación da actuación consistente no reforzo da rede de pluviais e á ampliación do saneamento da rúa Buenos Aires, único vial de entrada á parroquia de Corrubedo.

 

A zona onde se centra esta obra non ten a día de hoxe suficiente capacidade para recoller toda a auga superficial cando se dan chuvias intensas, o que motiva que se produzan acumulacións de auga na calzada. Ademais, algúns tramos da rúa carecen de saneamento.

 

O proxecto técnico elaborado polo Concello persegue por unha parte a mellora da rede de drenaxe da rúa Buenos Aires e por outra a ampliación da rede na marxe esquerda do vial.

 

No que respecta ao primeiro aspecto, instalarase un colector de PVC SN8 corrugado de 400 milímetros de diámetro e 188 metros de longo, ademais de 17 pozos de rexistro. En canto ao saneamento, instalarase unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 120 metros de longo, así como 4 pozos de rexistro e 12 acometidas domiciliarias.

 

As obras teñen un orzamento de 57.781 euros, IVE incluído, e adscríbense ao Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación Provincial da Coruña. Contan cun prazo de execución de tres meses.