UNHA DUCIA DE MOZOS NO CÁSTING DO TALLER DE CURTAS QUE SE CELEBRA CADA SÁBADO NO ESPAZO XUVENIL AO ABRIGO DO XACOBEO

UNHA DUCIA DE MOZOS NO CÁSTING DO TALLER DE CURTAS QUE SE CELEBRA CADA SÁBADO NO ESPAZO XUVENIL AO ABRIGO DO XACOBEO

Escrito el 11/02/2020


O obradoiro de curtas que baixo o paraugas do Xacobeo está a ter lugar no Espazo Xuvenil de Riveira empeza a cobrar forma e unha ducia de rapaces e rapazas se animaron este pasado sábado a tomar parte no cásting que, tras a primeira toma de contacto da fin de semana anterior, serve de arranque para un workshop que se prolongará ata o mes de abril.

 

Así, no transcurso do encontro, os mozos e mozas —algúns deles, pertencentes a grupos de teatro escolar do municipio— asistiron a unha proba na que se repartiron diferentes roles como aprendices de cámara, directores, escenógrafos ou actores e actrices. Así mesmo, escolleron distintas localizacións en lugares do concello como A Ameixida ou o paseo do Touro.

 

A Orixe

Cómpre lembrar que no transcurso deste taller se realizará un piloto vencellado ao Camiño de Santiago que, baseádose na obra “Pórtico da Gloria” de Villaamil, dará pé ao estudo das obras de arte xacobeas, con especial fincapé nas que nos rodean ao camiño de Santiago que nace en Corrubedo, A Orixe.

 

Do cadro ao vídeo, do intre ao movemento, os asistentes irán indagando no contexto da obra plástica: cales foron os momentos no seu caso, as circunstancias que levaron á creación do intre reflectido na obra plástica… o contexto segundo o artista ou segundo a escena representada na obra.

 

Trátase de observar a obra e deixala fluír, contar o antes ou o despois, de ficcionar unha obra plástica partindo dun flash, do intre e deixar fluír o movemento. A historia pode partir dun guión inventado ou adaptación do realmente acontecido se temos referencias.