O presidente da Deputación e o delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, analizan fórmulas de colaboración no ámbito do emprendemento

O presidente da Deputación e o delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, analizan fórmulas de colaboración no ámbito do emprendemento

Escrito el 12/02/2020


O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades.

 

Nesta primeira reunión, que ambos calificaron de cordial e produtiva, González Formoso e Regades compartiron experiencias acerca dos programa e servizos de apoio ao emprendemento que teñen en marcha tanto a Deputación, a través do Plan de Emprego Local, como a Zona Franca de Vigo, con 665 empresas implantadas nos seus parques empresariais, que dan traballo a máis de 22.500 persoas. Formoso e Regades analizaron tamén a posibilidade de colaborar en plans de emprendemento conxuntos ou aplicar iniciativas e experiencias de ambas entidades nos seus ámbitos.

 

Neste sentido, Regades explicou que o CZFV ofrece ás empresas unha completa plataforma de servizos con Centro de Iniciativas Empresariais, aceleradoras de empresas de carácter multisectorial como ViaGalicia e ViaExterior, especializada en comercio internacional.

 

Ademais de propiciar “capital semilla” de ata 125.000 euros por proxecto, estes centros poñen a dispor dos emprendedores espazos de oficinas en centros de negocios e en coworking con servizos de asesoramento empresarial, axuda para a elaboración de plans de negocio, xestión empresarial, formación e busca de axudas e subvencións.

 

González Formoso explicou que a Deputación tamén aposta polo apoio ao emprendemento, a innovación e a diversificación económica con iniciativas como a Rede Provincial de Espazos de Coworking, unha iniciativa pioneira no seu ámbito, xa se trata de centros de carácter sectorial, no que os emprendedores que se instalan neles proceden dun mesmo sector profesional, o que permite tecer sinerxias entre eles que podan axudar  a desenvolver os seus proxectos empresariais. Aos centros xa en funcionamento no Pazo de Arenaza (Oleiros) e Brión sumaranse proximamente novos centros en Boiro, Ames e Carballo.

 

Servizo de información empresarial

 

O presidente provincial interesouse tamén polo servizo de información económica Ardán, que dende hai 25 anos ofrece o mellor informe económico e de competitividade de Galicia. O análise realízase seguindo unha perspectiva macroeconómica, da produtividade e os factores que a determinan ata chegar ao análise da riqueza xerada vista desde un enfoque global, sectorial e territorial.

 

O sistema de información Ardán recolle información de máis de 10.000 sociedades relevantes da comunidade galega.