Publicado el 26/03/2020

O Concello da Pobra do Caramiñal quere agradecer o traballo que están a realizar no Fab Lab da Casa da Mocidade

O Concello da Pobra do Caramiñal quere agradecer o traballo que están a realizar no Fab Lab da Casa da Mocidade varias persoas voluntarias, entre as que destacan Carlos Dasilva, da empresa Tecelán, e Martín González. O concelleiro de Seguridade, Mocidade e Participación Veciñal, José Andrés Lojo encargouse de coordinar o traballo e de subministrar o material necesario.

Publicado el 03/03/2020

A PARTICIPACIÓN DE CONGALSA NO PROGRAMA FÁBRICA INTELIXENTE DA XUNTA AMOSA O COMPROMISO DA EMPRESA POR FACER DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL UNHA OPORTUNIDADE PARA SEGUIR MEDRANDO

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que a participación de Congalsa no programa Fábrica Intelixente da Xunta amosa o compromiso da empresa por facer da transformación dixital unha oportunidade para seguir medrando. Así o manifestou durante unha visita ás instalacións para coñecer de primeira man os avances que esta empresa está a facer no eido da Industria 4.0.

Publicado el 03/03/2020

A Deputación da Coruña e a Mancomunidade Arousa Norte impulsan o proxecto de xeoparque Idade de Ferro

O vicepresidente e responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, reuniuse cos alcaldes de Boiro, José Ramón Romero, Ribeira, Manuel Ruíz, A Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro e Rianxo, Adolfo Muíño para impulsar o proxecto de Xeoparque Idade de Ferro como unha liña de promoción turística e cultural do territorio ademais de analizar distintas vías de colaboración para a dinamización da Mancomunidade Arousa Norte. Na xuntanza participou tamén a coordinadora técnica, Irene Maneiro.

Publicado el 08/02/2020

OVIDIO RODEIRO INFORMOU QUE A XUNTA APOIOU NA COMARCA DO BARBANZA A 42 AUTÓNOMOS CON AXUDAS DE MÁIS DE 104.000€

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, informou da resolución do Bono Autónomo na área do Barbanza. Concretamente, nesta comarca recibiron, no 2019, estas axudas 42 persoas e as achegas totais foron de máis de 104.000 euros para traballadores por conta propia dos concellos de Boiro, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes, Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.

Publicado el 06/01/2020

A XUNTA COMPLETA A DIXITALIZACIÓN DE CATORCE RULAS GALEGAS

As lonxas de Ferrol, Fisterra, Camariñas, Cariño, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Mugardos e Barallobre na provincia de A Coruña, e Aldán, A Guarda, Baiona, Vilaxoán, Vilaboa e Arcade en Pontevedra, xa dispoñen da plataforma tecnolóxica única que integra os sistemas de xestión, poxa, comercialización e emisión de notas de venda. Son as catorce primeiras lonxas nas que se completa a iniciativa Primare Lonxas 4.0 para a dixitalización das rulas, impulsada pola Amtega e a Consellería do Mar.

Publicado el 26/07/2019

IV CIRCUITO DE CARREIRAS AROUSA NORTE 2019

O IV Circuito de Carreiras Populares Arousa Norte “4 carreiras...1 meta” é un programa de carreiras a pé que ten por obxecto fomentar a práctica da actividade física como medio para alcanzar unha vida máis saudable.

Publicado el 13/06/2019

O servizo de emprego de COGAMI desprázase ata o rural das comarcas de Muros, Noia, Barbanza e Sar para atender ás persoas usuarias

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que ten COGAMI habilitado para atender ás persoas con discapacidade que buscan emprego está situado nas instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten nas sete cidades galegas. Sen embargo, moitas das persoas que demandan este servizo viven en zonas rurais por iso, co fin de facerlles unha atención máis doada, durante dous días á semana un profesional desprázase ata estas zonas.

Publicado el 11/03/2019

A Pobra do Caramiñal, sede da ONG Amnistía-Barbanza

O Concello da Pobra do Caramiñal acaba de asinar, no pasado mércores día 6 de marzo, un convenio coa Amnistía Internacional-Barbanza, para a cesión dun local sito na coñecida como "antiga escola de música do Campiño",para utilizar de sede da ONG na comarca do Barbanza. Á sinatura acudiu como representante da ONG Ana Cabo, coordinadora do grupo local da Amnistía Internacional; o alcalde, Xosé Lois Piñeiro; e o concelleiro dos Servizos Sociais, Miguel Alamancos. Desta forma, Amnistía-Barbanza, ONG que traballa na defensa dos dereitos humanos en todo o mundo, fixa a súa sede na comarca na Pobra do Caramiñal. O Concello da Pobra quere apoiar desta maneira a ONG no seu labor de protección social e na defensa da xustiza e os dereitos humanos en todo o mundo, e promover e facilita-lo traballo das voluntarias da nosa comarca na denuncia e divulgación de violacións dos dereitos humanos e inxustizas que se cometen hoxe en día. O convenio terá unha duración de catro anos e…