Publicado el 20/11/2019

A Deputación da Coruña presume de produtos de calidade no Fórum Gastrònomic

Queixos de Arzúa, empanadas de Carballo, aceite de Vedra ou patacas de Miño son algúns dos produtos estrela que se promocionan no Fòrum Gastronòmic de Barcelona da man da Deputación da Coruña. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destaca a alta aceptación da oferta incluída no programa da Deputación da Coruña mentres responsábeis das empresas produtoras celebran a participación no evento como unha oportunidade para a promoción comercial e a imaxe de marca.

Publicado el 19/11/2019

A Deputación da Coruña e AGAPI abren o debate sobre a produción audiovisual

O deputado de Cultura, Xurxo Couto e o presidente da AGAPI, Felipe Lage, presentaron esta mañá na Deputación da Coruña a xornada 'A produción audiovisual a debate' que se desenvolverán o día 21 de novembro no Museo das Peregrinacións de Santiago con especialistas e axentes do sector. O financiamento ou a distribución son algúns dos aspectos que se debaterán na xornada que forma parte do programa da área de Cultura da Deputación da Coruña, "A Cultura é un dereito".

Publicado el 19/11/2019

Xosé Regueira destaca o alto nivel profesional e a aposta das empresas do sector no Fórum Gastrónomic de Barcelona

"Temos unha materia prima excepcional mais tamén a capacidade de transformala en produto gastronómico de primeira orde", dixo o vicepresidente e responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña na súa intervención no Fòrum Gastrònomic que se está a desenvolver en Barcelona. Regueira destaca a capacidade das empresas en ofrecer produto de calidade e a grande repercusión que está a ter a oferta da Deputación nos círculos de xornalistas e empresas do sector no Fòrum.

Publicado el 18/11/2019

A Deputación da Coruña sorprende con cociña e produtos de calidade no Fórum Gastronómic de Barcelona

O deputado de Turismo, Xosé Regueira, participou na inauguración do Forum Gastronómic que se desenvolveu este luns en Barcelona. A Deputación da Coruña leva a Barcelona unha selección dos principais nomes da cociña contemporánea e produtos de calidade na súa liña de promoción do turismo gastronómico dos concellos. Mañá martes, Regueira presentará a aposta da Deputación polo Turismo de Calidade e Fernando Agrasar levará o sabor da Costa da Morte ao espazo Ágora.

Publicado el 18/11/2019

A Deputación da Coruña anuncia novos programas contra a violencia machista arredor do 25N

A área de Igualdade da Deputación da Coruña promove un programa con seis eixos de acción para previr e combater a violencia contra as mulleres de cara a conmemoración do vindeiro 25 de novembro do "Día contra as violencias machistas". A deputada María Muíño presentou o programa que inclúe obradoiros, certames, a estrea da curta gañadora do concurso de guións contra a violencia e a adhesión da campaña "En negro" para a que a Deputación apoia 19 concellos de menos de 5.000 habitantes.

Publicado el 15/11/2019

A Deputación da Coruña presenta un Orzamento de 184 millóns de euros para 2020

O Goberno da Deputación da Coruña presentou hoxe o proxecto de Orzamentos para o ano 2020, que ascenden a 184.016.500 euros (un 0,22% máis que no presente exercicio) e que serán sometidos á aprobación do pleno o vindeiro 21 de novembro. Un ano máis, todos os investimentos e plans da Deputación financiaranse con recursos propios, mantendo a actual situación de débeda cero.

Publicado el 14/11/2019

A Deputación da Coruña difundirá nos centros de ensino a curtametraxe "Nunca Máis"

A curtametraxe "Nunca Máis", realizada sobre o texto gañador da quinta edición do concurso de guións contra a violencia de xénero da Deputación da Coruña estrearase o vindeiro 25 de novembro e difundirase nos centros de ensino como material para concienciar contra o feminicidio. A estrea realizarase o Día Internacional contra a Violencia Machsta na Casa do Peso das Pontes de García Rodríguez.

Publicado el 07/11/2019

A Deputación acolle unha xornada sobre oportunidades de financiamento europeo para proxectos turísticos

Alcaldes, concelleiros e técnicos dos concellos da provincia da Coruña participaron esta mañá, na sede da Deputación da Coruña, na quinta edición das xornadas “Europa na provincia da Coruña”, organizadas polo centro Europe Direct da institución provincial e centradas temáticamente nesta ocasión nas oportunidades de financiamento europeo para proxectos turísticos impulsados polas administracións locais.

Publicado el 04/11/2019

A Deputación da Coruña promociona o Camiño Inglés e o tramo Fisterra-Muxía na World Travel Market de Londres

Dende hoxe ata o mércores, a Deputación da Coruña participa en Londres na World Travel Market (WTM), unha das feiras de turismo máis importes de Europa, onde se amosan as novidades e plataformas de promoción do sector turístico. Ademais, ofrece espazos innovadores, creadores de tendencias, relacións comerciais e conferencias sobre o que está a suceder na industria turística.

Publicado el 30/10/2019

A Deputación da Coruña convida á estrea da cantata "As rúas do vento ceibe" con música de Rogelio Groba e letra de Manuel María

Dous grandes nomes da cultura galega como son o compositor Rogelio Groba e o escritor Manuel María son os protagonistas da cantata "As Rúas do Vento Ceibe" que o vindeiro sábado día 2 de novembro estrearase ás 20.30 horas no Teatro Colón da Coruña. A Deputación da Coruña promove este proxecto cultural que terá entrada libre até completar o aforo.

Publicado el 28/10/2019

Tres bandas e tres solistas optarán aos premios da cuarta edición do Quero Cantar da Deputación da Coruña

Bandas de Caión, Laxe e Ames na categoría e infantil e solistas de Sada, A Coruña e Vila de Cruces no xuvenil son as finalistas da cuarta edición do certame de música infantil e xuvenil da Deputación da Coruña, Quero Cantar. A final terá lugar no Teatro Colóon da Coruña o día 24 ás 17.30 horas nunha gala conducida por Sole Felloza na que Magín Blanco e a Banda das Apertas protagonizarán a actuación convidada.

Publicado el 25/10/2019

A Deputación da Coruña condena os actos violentos de Cataluña e traslada o seu apoio á labor realizada polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe cos 25 votos favorables de PSOE, PP e Alternativa dos Veciños e os 5 votos en contra de BNG e Marea Atlántica unha moción impulsada polo Grupo Popular na que se declara “a máis firme condena dos actos violentos protagonizados nos últimos días por elementos radicais de Cataluña” e se mostra “un apoio incondicional ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como á Policía autonómica catalana, en especial a todos aqueles que resultaron feridos no desempeño das súas funcións, pola súa impecable labor e profesionalidade demostrada na defensa e protección dos dereitos e liberdades de todos”.

Publicado el 24/10/2019

A provincia da Coruña empregou máis de 25 millóns de euros en axudas FEDER - IDAE, sendo a provincia galega que máis aproveitou estas subvencións

O Pazo de Mariñán, no Concello de Bergondo, foi esta mañá escenario da xornada sobre as axudas FEDER - IDAE para proxectos enerxéticos de entidades locais. No evento, ao que acudiron ao redor de 100 persoas entre as que se atopaban membros de diferentes corporacións municipais de Galicia e persoal municipal, destacouse que A Coruña é a provincia galega que máis empregou estas axudas para proxectos enerxéticos.

Publicado el 24/10/2019

A Deputación da Coruña bota a andar o Plan de Igualdade que se desenvolverá até o ano 2023

A Deputación da Coruña aprobará mañá venres no pleno o Plan de Acción de Políticas de Igualdade, Compartimos Plan, que analiza e deseña o camiño para construír a igualdade desde os concellos. A deputada de Igualdade, María Muíño e a técnica de Igualdade da Deputación da Coruña, Eva Ovenza, presentaron a iniciativa que por primeira vez se aproba na institución e que se desenvolverá do 2019 ate´ao 2023.