Publicado el 03/11/2019

O SERGAS ADXUDICA POR PRETO DE 1,4 MILLÓNS DE EUROS A ADQUISICIÓN DE 261 DESFIBRILADORES E 27 ECÓGRAFOS DESTINADOS A CENTROS DE SAÚDE

O Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empresa Comercial Hospitalaria Grupo-3, SL, a contratación da subministración de 261 desfibriladores destinados aos centros de saúde da rede sanitaria pública, por un importe total de 1.051.275 euros. En canto aos 27 ecógrafos, adxudicáronse á firma Celta Ingenieros S.L, cun importe total de 343.035 euros.

Publicado el 29/10/2019

O PROGRAMA INTEGRADO DA XUNTA ‘TERRAS DE IRIA V’ FORMA A 100 PERSOAS DESEMPREGADAS NOS SECTORES DO METAL, COMERCIO, HOSTALERÍA E SERVIZOS

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, clausurou hoxe en Dodro o Programa Integrado de Emprego Terras de Iria V promovido polos concellos de Dodro, Padrón e Rois. A iniciativa permitiu a un cento de persoas sen emprego recibir formación de calidade para facilitar a súa inserción sociolaboral en sectores como o metal, o comercio, a hostalería e os servizos.

Publicado el 19/10/2019

ROSA QUINTANA PON EN VALOR A BOA ACOLLIDA QUE TEN NO MERCADO O SELO DE CALIDADE BERBERECHO DE NOIA

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe en Noia na clausura das IV Xornadas técnicas de exaltación do berberecho e na entrega dos premios Berberechos de honra. Alí destacou o valor do selo Berberecho de Noia, que contribúe a identificar este produto, á súa diferenciación e ao fomento do seu consumo. Neste sentido, destacou a boa acollida deste distintivo no mercado, o que se reflicte, explicou, no volume de descargas e de facturación desta especie.

Publicado el 17/10/2019

A XUNTA CONVIDA AOS COMECIANTES DA COMARCA DO BARBANZA A SUMARSE Á NOVA REDE DE COMERCIOS E MERCADOS NO CAMIÑO

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, informou hoxe en Ribeira da convocatoria para poñer en marcha a nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa á que convidou ao unirse aos comerciantes da comarca do Barbanza e que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade dos 138 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación, ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos.

Publicado el 13/10/2019

UN TOTAL DE 30 CENTROS PÚBLICOS DA PROVINCIA DA CORUÑA DESENVOLVERÁN ESTE CURSO O PROGRAMA RADIO NA BIBLIO

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución cos centros que van desenvolver o programa Radio na Biblio ao longo do curso 2019/20. En total serán 80 os centros públicos de toda Galicia – 30 deles de nova incorporación- que participen nesta iniciativa, que ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar. Na provincia da Coruña incorpóranse ao programa 13 centros e outros 17 renovan a súa participación.

Publicado el 12/10/2019

UN TOTAL DE 277 ALUMNOS DE 12 CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARTICIPARÁN NA SEMANA STEM ESTE OUTONO

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución dos 21 centros seleccionados para participar este outono na Semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), da que tomarán parte un total de 450 alumnas e alumnos (un máximo de 25 por centro) a partir de mañá, cando arrinca a primeira quenda de estadías. Da provincia da Coruña participarán nesta experiencia 277 estudantes de 12 centros de ensino.

Publicado el 04/10/2019

A AUTORIZACIÓN DA XUNTA A ALUMINIOS CORTIZO PARA QUE AMPLÍE AS SÚAS INSTALACIÓNS PERMITIRÁ Á EMPRESA CREAR 217 EMPREGOS

O Consello da Xunta acordou a aprobación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de Aluminios Cortizo, o que permitirá a ampliación e mellora das instalacións que o grupo ten no polígono industrial situado entre Padrón e Rois, na provincia da Coruña. Deste xeito, a empresa prevé aumentar nun 78% a súa superficie e xerar un total de 217 novos postos de traballo, contribuíndo ao impulso da actividade industrial e económica da zona.

Publicado el 28/09/2019

POLÍTICA SOCIAL FOMENTA A CREACIÓN ARTÍSTICA DA MOCIDADE E A SÚA PARTICIPACIÓN NO ENCONTRO DE CULTURA URBANA DE NOIA

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, sinalou hoxe a importancia que ten fomentar o desenvolvemento das propostas de creación artística e de ocio que propón a propia mocidade como xeito de favorecer a súa participación e dar visibilidade ao seu talento. Un obxectivo ao que responde o encontro MIXtura Urbana organizado por Vella Escola dentro dos actos conmemorativos do seu décimo aniversario.

Publicado el 21/09/2019

A XUNTA DE GALICIA PROMOVE O COÑECEMENTO E O OCIO AO REDOR DOS VIDEOXOGOS CO PRIMEIRO TORNEO AUTONÓMICO DE LEAGUE OF LEGENDS

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social promove o coñecemento, a formación e o ocio ao redor dos videoxogos a través da organización do primeiro torneo a nivel autonómico do coñecido xogo LOL (League of Legends). A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentou esta iniciativa hoxe no Espazo Xove de Noia acompañada por representantes da Asociación Xuvenil La Grotta, que se encargarán de xestionar in situ o programa.

Publicado el 21/09/2019

CARNOTA ACOLLERÁ UN PROGRAMA DE XUVENTUR NUN ALOXAMIENTO RURAL CON ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN NON FORMAL, OCIO E COÑECEMENTO DA NATUREZA

A Xunta de Galicia impulsa a educación non formal a través dunha nova edición do programa Xuventur, que este ano ten programada unha das súas actividades no Concello de Carnota. Concretamente, se ofertan 72 prazas para realizar actividades dinámicas de presentación e coñecemento, sendeirismo pola comarca, dinámica de liderado a través do xogo e xornada de limpeza de plásticos e lixos na praia. O aloxamento será na pensión O Prouso. Haberá catro quendas do 1 ao 3, do 8 ao 10, do 15 ao 17 e do 22 ao 24 de novembro, cada unha con 18 participantes.

Publicado el 19/09/2019

ARTESANÍA DE GALICIA REGRESA Á LONDON DESIGN FAIR PARA REFORZAR O SECTOR NO MERCADO INTERNACIONAL DO DESEÑO

A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa a comercialización e a promoción de Artesanía de Galicia no mercado europeo durante a feira de decoración e deseño London Design Fair, que se celebra desde hoxe ata o vindeiro domingo 22 de setembro. Coa presenza nesta iniciativa, na que a Xunta participa desde o ano 2013, a Fundación Artesanía de Galicia busca afianzar as canles de distribución internacional coas que xa conta o produto artesanal galego, así como atopar outras novas.

Publicado el 18/09/2019

CONDE SINALA A INNOVACIÓN E A CALIDADE DA INDUSTRIA CONSERVEIRA GALEGA COMO CLAVES PARA SEGUIR ABRINDO NOVAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO INTERNACIONA

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañou hoxe ao gobernador do estado de Ceará (Brasil), Camilo Santana, na súa visita ás instalacións de Jealsa en Boiro. Durante a visita, Conde subliñou a aposta do sector conserveiro galego por incrementar a súa competitividade apostando pola innovación e por achegar un maior valor engadido aos seus produtos que permite diferenciarse sen perder en calidade, apuntando que estas son as claves para seguir abrindo novas oportunidades de negocio a nivel internacional.

Publicado el 11/08/2019

O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS AMPLÍA O SEU PROXECTO PARA O SEGUIMENTO REMOTO DO CORVO MARIÑO COA INCORPORACIÓN ao programa DE DOUS NOVOS EXEMPLARES

Os bos resultados da experiencia piloto impulsada en 2018 para facer un seguimento a distancia das poboacións de corvo mariño cristados das Illas Atlánticas levou á dirección do Parque Nacional a darlle continuidade este ano e incluso, a estender o sistema de vixilancia remota a máis exemplares. Así, o pasado maio equipouse cun dispositivo de localización a dous machos pertencentes ás colonias da illa de O Faro, no arquipélago das Cíes, duplicando deste xeito a mostra de partida.

Publicado el 15/07/2019

O CPEIG E A AMTEGA ORGANIZAN ESTE VERÁN 40 XORNADAS DE DIFUSIÓN TECNOLÓXICA PARA A MOCIDADE GALEGA EN AULAS CEMIT DAS CATRO PROVINCIAS

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan nestes meses de verán –xullo, agosto e setembro– unhas xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons, creación de App e videoxogos e animación 3D enmarcadas no programa “TechKids”, destinado a fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega. Esta iniciativa enmárcase no Plan DigiTalent, da Amtega para impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas e os novos perfís dixitais.

Publicado el 14/07/2019

POLÍTICA SOCIAL DESTACA A IMPORTANCIA DO DEPORTE PARA FOMENTAR A AUTOESTIMA E A INCLUSIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, salientou hoxe a importancia que ten o deporte como ferramenta de inclusión e para fomentar autoestima das persoas con discapacidade. Díxoo no acto de entrega de trofeos ás persoas que participaron na quinta edición da Carreira pola Diversidade organizada pola asociación Ambar, entidade que traballa en favor do benestar das persoas con diversidade funcional e as súas familias.

Publicado el 04/07/2019

O ENCONTRO CORAZÓN DA ARTESANÍA ARRANCA MAÑÁ NOS PENDELLOS DE AGOLADA COMO A GRAN FESTA DOS OFICIOS, A MÚSICA E A GASTRONOMÍA GALEGA

O Corazón da Artesanía. VIII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, volverá encher esta fin de semana o complexo histórico-artístico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). Este encontro convértese cada ano nun evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación coa música, a gastronomía e outras disciplinas artísticas, a través dun amplo programa de actividades.