A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución cos centros que van desenvolver o programa Radio na Biblio ao longo do curso 2019/20. En total serán 80 os centros públicos de toda Galicia – 30 deles de nova incorporación- que participen nesta iniciativa, que ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar. Na provincia da Coruña incorpóranse ao programa 13 centros e outros 17 renovan a súa participación.
Nova incorporación
Os centros de nova incorporación recibirán fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio. Para iso contarán co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.
A seguinte táboa reflicte os centros de nova incorporación na provincia:
Provincia | Concello | Centro |
A Coruña | Ames | IES do Milladoiro |
A Coruña | Betanzos | IES Francisco Aguiar |
A Coruña | Cambre | CEIP Plurilingüe Graxal |
A Coruña | Cerdido | CEIP da Barqueira |
A Coruña | Coruña, A | CEIP Emilia Pardo Bazán |
A Coruña | Coruña, A | CIFP Ánxel Casal - Monte Alto |
A Coruña | Coruña, A | IES Plurilingüe Rafael Dieste |
A Coruña | Mazaricos | CPI Plurilingüe da Picota |
A Coruña | Oleiros | CEIP Juana de Vega |
A Coruña | Ribeira | CEIP de Olveira |
A Coruña | Santiago de Compostela | CEIP Lamas de Abade |
A Coruña | Touro | CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz |
A Coruña | Zas | CPI de Zas |
Continuación
Pola súa banda os centros que continúan no programa recibirán unha asignación de 500 euros por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.
Os centros que renovan a súa participación na provincia son os reflectidos na seguinte táboa:
Provincia | Concello | Centro |
A Coruña | Brión | IES Brión |
A Coruña | Cabana de Bergantiños | CPI As Revoltas |
A Coruña | Carballo | IES Isidro Parga Pondal |
A Coruña | Cedeira | IES Punta Candieira |
A Coruña | Coristanco | CEIP Canosa-Rus |
A Coruña | Curtis | CEIP de Curtis |
A Coruña | Laxe | CPI Plurilingüe Cabo da Area |
A Coruña | Malpica de Bergantiños | CEIP Milladoiro |
A Coruña | Mazaricos | CEIP Víctor Sáenz |
A Coruña | Melide | IES de Melide |
A Coruña | Muros | CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío |
A Coruña | Pontedeume | CEIP Plurilingüe de Andrade |
A Coruña | Porto do Son | IES de Porto do Son |
A Coruña | Rianxo | CEP Xosé María Brea Segade |
A Coruña | Ribeira | CEIP Heroínas de Sálvora |
A Coruña | Santa Comba | CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña |
A Coruña | Vedra | CPI Plurilingüe de Vedra |
Esta iniciativa enmárcase no Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares, que conta entre os seus desafíos o de favorecer a alfabetización múltiple do alumnado a través da creación nas bibliotecas de espazos que funcionen como centros creativos de aprendizaxe. Neles debe traballarse con diferentes recursos e materiais que permitan traballar a expresión escrita e oral ou linguaxes como a radiofónica. Desde eles poderán desenvolverse proxectos colaborativos conectados con diferentes áreas do currículo escolar, vinculados á educación para as competencias en información e medios.
Neste sentido a posta en marcha dunha emisora de radio nun centro educativo proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento das competencias clave a través de metodoloxías activas, así como para a alfabetización informacional. De feito, a experiencia cos centros que xa participan en Radio na Biblio demostrou que a radio constitúe unha ferramenta pedagóxica de grande alcance que permite, ademais, darlle a coñecer ao resto da comunidade educativa os proxectos e traballos que se realizan no centro.