Publicado el 26/07/2019

IV CIRCUITO DE CARREIRAS AROUSA NORTE 2019

O IV Circuito de Carreiras Populares Arousa Norte “4 carreiras...1 meta” é un programa de carreiras a pé que ten por obxecto fomentar a práctica da actividade física como medio para alcanzar unha vida máis saudable.

Publicado el 13/06/2019

O servizo de emprego de COGAMI desprázase ata o rural das comarcas de Muros, Noia, Barbanza e Sar para atender ás persoas usuarias

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que ten COGAMI habilitado para atender ás persoas con discapacidade que buscan emprego está situado nas instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten nas sete cidades galegas. Sen embargo, moitas das persoas que demandan este servizo viven en zonas rurais por iso, co fin de facerlles unha atención máis doada, durante dous días á semana un profesional desprázase ata estas zonas.

Publicado el 06/05/2019

Boiro, Outes, Fisterra, Malpica, A Coruña e Ortigueira acollerán este verán os cursos da campaña de vela da Deputación da Coruña

Un total de 240 nenas e nenos da provincia da Coruña aprenderán a navegar a vela este verán coa Deputación. Os concellos de Boiro, Outes, Fisterra, Malpica, A Coruña e Ortigueira acollerán este ano, entre o 1 de xullo e o 9 de agosto, os cursos da campaña de vela 2019 da Deputación da Coruña. Nos mesmos poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.

Publicado el 18/04/2019

PORTOS DE GALICIA LEMBRA QUE TEN ACTUALIZADA A PROPOSTA DE DOTACIÓN DE PANTALÁNS PARA BATEEIROS EN CABO DE CRUZ DENDE O MES DE DECEMBRO

Portos de Galicia lembra que ten actualizada a proposta de dotación de novas prazas de amarre en pantalán para embarcacións bateeiras no peirao de Cabo de Cruz (Boiro) dende o pasado mes de decembro. Fronte á solicitude trasladada polo grupo parlamentario socialista de que se actualice dita proposta, o ente público que preside José Juan Durán, clarexa que non só xa se ten feita dita actualización dende o pasado ano se non que a día de hoxe as obras están xa en execución, cun orzamento de 4,7 millóns de euros, convertíndose na obra máis importante destas características impulsada polo organismo autonómico.

Publicado el 16/02/2019

OVIDIO RODEIRO PARTICIPA NO ACTO DE APERTURA DOS XIII ENCONTROS ARQUEOLÓXICOS DO BARBANZA

O delegado territorial da Xunta de A Coruña, acompañado polo alcalde de Boiro, Juan José Dieste, participou esta maña, no acto de apertura do XIII Encontros Arqueolóxicos do Barbanza. Na súa intervención destacou a importancia deste evento de gran interese cultural recoñecido a nivel nacional e internacional no que participan prestixiosos expertos desta ciencia e recoñeceu o importante traballo que se está facendo dende o concello de Boiro para consolidar este encontro anual e para potenciar durante todo o ano a posta en valor da riqueza arqueolóxica deste concello e de toda a comarca.