Publicado el 13/06/2019

O servizo de emprego de COGAMI desprázase ata o rural das comarcas de Muros, Noia, Barbanza e Sar para atender ás persoas usuarias

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que ten COGAMI habilitado para atender ás persoas con discapacidade que buscan emprego está situado nas instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten nas sete cidades galegas. Sen embargo, moitas das persoas que demandan este servizo viven en zonas rurais por iso, co fin de facerlles unha atención máis doada, durante dous días á semana un profesional desprázase ata estas zonas.

Publicado el 07/06/2019

ESTE SÁBADO CELÉBRASE A 2ª EDICIÓN DO MAR DE MUROS TRÍATLON - TROFEO IVÁN RAÑA

Este sábado, 8 de xuño, celebrase a II edición do Mar de Muros Tríatlon - Trofeo Iván Raña, a partir das 17.00 h. Hoxe pola maña, o Concello de Muros presentou a proba ofrecendo unha rolda de prensa no salón de plenos municipal, na que participaron Tono Uhía (Concelleiro de Deporte en funcións), Manu Dosil (CC Muros Tríatlon), Francisco Lestón (Xefe de Deportes) e José María (CR Muros).

Publicado el 30/05/2019

As Pontes, Muros e Oroso acollerán esta fin de semana a 18ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Os concellos de As Pontes, Muros e Oroso serán este ano as sedes centrais da 18ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que se disputará entre os días 31 de maio e 2 de xuño e contará coa participación de máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional.

Publicado el 13/04/2019

OS PORTOS DE MUROS E ESTEIRO CONTAN CON NOVAS MÁQUINAS DE PESADA DE PALÉS QUE MELLORAN AS CONDICIÓNS DE TRABALLO

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinou esta semana a recepción técnica de equipamentos que permite dotar os portos de Muros e Esteiro de novas máquinas de pesada de palés cunha capacidade mínima de ata 1.500 quilos. Este é un paso administrativo obrigatorio que permite a entrada en funcionamento destes equipos, un en cada peirao, que contribuirán a incrementar o control e a trazabilidade dos produtos desembarcados e a mellorar as condicións de traballo do persoal que realiza as tarefas de pesada.