Publicado el 11/04/2019

Os institutos Virxe do Mar e Campo de San Alberto únense a “Musiqueando 2019” e ofrecen un concerto nas rúas de Noia

Alumnado e profesorado do IES Virxe do Mar e do IES Campo de San Alberto de Noia sumáronse esta mañá á iniciativa #Musiqueando2019, promovida pola Confederación de Asociacións de Educación Musical (COAEM) e na que tomaron parte 397 centros de toda España, 21 deles de Galicia. Un evento ao que asistiu a concelleira de Ensino, Ángela Neri, quen felicitou á comunidade educativa “por seren os únicos da comarca que se sumaron a unha fermosa iniciativa que busca compartir con todo o mundo a música que levamos dentro e que se fai nas aulas”.

Publicado el 03/04/2019

O Concello de Noia e Protección Civil informan ao alumnado do IES Campo de San Alberto sobre como actuar diante dunha emerxencia

O xefe do servizo de Protección Civil de Noia, Eduardo Moledo, e a concelleira de Protección Civil, Ángela Neri, veñen de impartir no IES Campo de San Alberto a primeira das charlas sobre seguridade e simulacros de evacuación que terán lugar en todos os centros escolares do municipio ao longo dos próximos meses. Tres primeiras charlas nas que se informou ao alumnado de como colocarse para evacuar as aulas, se proxectou un vídeo sobre o plan de evacuación do centro e se respondeu ás preguntas do alumnado.

Publicado el 02/04/2019

Concello de Noia e Barbanza Golf organizan o I Torneo San Marcos 2019, que terá lugar do 18 ao 20 de abril con 2.000 euros en premios

O concelleiro de Deportes do Concello de Noia, Ramón Santos Pérez, reuniuse co presidente de Barbanza Golf, Alberto Colón Agrelo, para presentar a primeira edición do Torneo San Marcos 2019 Concello de Noia, que terá lugar do 18 ao 20 de abril nas instalacións de Barbanza Golf Pitch & Putt en Macenda (Boiro). Un torneo que repartirá 2.000 euros en premios.

Publicado el 02/04/2019

Últimas horas para anotarse no Portus Apostoli Trail (Noia), que terá lugar na mañá deste domingo 7 de abril en Noia e Lousame

O concelleiro de Deportes do Concello de Noia, Ramón Santos, reuniuse co responsable de Arousa Neo, Eduardo Iglesias, para ultimar os detalles do Portus Apostoli Trail, cuarta proba do V Revolution Trail Series que terá lugar este domingo 7 de abril entre os municipios de Noia e Lousame. Unha proba organizada por Arousa Neo, en colaboración co Concello de Noia e co patrocinio de Revolutrion.

Publicado el 01/04/2019

A Policía Local de Noia porá mañá martes en marcha un dispositivo especial co gallo da celebración do XXXV Rally de Noia

Representantes do Concello de Noia, Policía Local e responsables da escudería Berberecho veñen de celebrar unha reunión para coordinar o dispositivo que se porán en marcha na vila co gallo da celebración do XXXV Rally de Noia. Un dispositivo que inclúe restricións no estacionamento e na circulación de vehículos e que se comezará a poñer en marcha mañá martes 2 de abril, se ben as maiores restricións terán lugar a partir do xoves 4 de abril.

Publicado el 30/03/2019

A Gala do Deporte de Noia distingue aos kickboxers Paula Blanco Pro e Martín Iglesias Rial como os mellores deportistas de 2018

Máis de 350 persoas ateigaron na noite de onte venres o Coliseo Noela para asistiren á Gala do Deporte do Concello de Noia, presentada por Terio Carrera e Diego Viaño, e que distinguiu aos 11 mellores deportistas e clubs deportivos durante o ano 2018. O presidente do Noia Fútbol Sala, Severino Barreiro Pérez, levou o gran premio da xornada: o recoñecemento a toda unha vida deportiva; mentes que dous deportistas do Club ITF Noia, Paula Blanco Pro e Martín Iglesias Rial, foron distinguidos como os mellores deportistas de Noia no 2018.

Publicado el 29/03/2019

O Concello de Noia adhírese á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

O alcalde de Noia, Santiago Freire, asinou esta mañá coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, a adhesión de Noia á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Unha adhesión que fora aprobada na sesión plenaria do pasado mes de novembro cos votos a favor de PP e NOIA, e a abstención do PSOE e da Marea Cidadá de Noia (o BNG abandonara a sesión por indisposición da concelleira).

Publicado el 29/03/2019

Noia conmemora a primeira sentenza ditada en galego nos seus xulgados

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Noia acolleu esta mañá un acto conmemorativo da primeira sentenza en lingua galega ditada neste partido xudicial, que abrangue os municipios de Noia, Lousame e Porto do Son. Un acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Noia.

Publicado el 29/03/2019

A Deputación da Coruña inicia o proceso de retirada de distincións a persoas vencelladas ao franquismo

O pleno da Deputación da Coruña aprobou, co voto unánime de todos os grupos presentes no pleno, unha declaración institucional para a retirada de honras e distincións a persoas vencelladas co levantamento militar de 1936 e ao franquismo. Como paso previo aprobouse a elaboración dun catálogo de honras, distincións e simboloxía franquista e iniciará o expediente para a eliminación da simboloxía franquista dos edificios.