Publicado el 13/06/2019

O servizo de emprego de COGAMI desprázase ata o rural das comarcas de Muros, Noia, Barbanza e Sar para atender ás persoas usuarias

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que ten COGAMI habilitado para atender ás persoas con discapacidade que buscan emprego está situado nas instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten nas sete cidades galegas. Sen embargo, moitas das persoas que demandan este servizo viven en zonas rurais por iso, co fin de facerlles unha atención máis doada, durante dous días á semana un profesional desprázase ata estas zonas.

Publicado el 06/05/2019

Boiro, Outes, Fisterra, Malpica, A Coruña e Ortigueira acollerán este verán os cursos da campaña de vela da Deputación da Coruña

Un total de 240 nenas e nenos da provincia da Coruña aprenderán a navegar a vela este verán coa Deputación. Os concellos de Boiro, Outes, Fisterra, Malpica, A Coruña e Ortigueira acollerán este ano, entre o 1 de xullo e o 9 de agosto, os cursos da campaña de vela 2019 da Deputación da Coruña. Nos mesmos poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.

Publicado el 02/05/2019

Alevíns do Noia CF e benxamíns do Outes FC gañan o VII Torneo Fútbol 8 Lousame 2019

Os alevíns do Noia CF e os benxamíns do Outes FC proclamáronse campións do VII Torneo Fútbol 8 Lousame 2019, organizado polo Club Lousame Deporte en colaboración co Lesende CF e o Concello de Lousame. Un torneo que se disputou na xornada de onte mércores no campo de fútbol de Cabanetán e no que participaron 23 equipos (un máis ca na edición anterior) das comarcas do Barbanza, Costa da Morte, A Barcala e Santiago.