Publicado el 13/06/2019

O servizo de emprego de COGAMI desprázase ata o rural das comarcas de Muros, Noia, Barbanza e Sar para atender ás persoas usuarias

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que ten COGAMI habilitado para atender ás persoas con discapacidade que buscan emprego está situado nas instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten nas sete cidades galegas. Sen embargo, moitas das persoas que demandan este servizo viven en zonas rurais por iso, co fin de facerlles unha atención máis doada, durante dous días á semana un profesional desprázase ata estas zonas.

Publicado el 13/05/2019

A XUNTA DESTACA A IMPORTANCIA DE MELLORAR A CUALIFICACIÓN DOS GALEGOS E GALEGAS PARA FAVORECER O SEU ACCESO AO MERCADO LABORAL E DAR RESPOSTA ÁS NECESIDADES REAIS DOS SECTORES PRODUTIVOS

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá o obradoiro de emprego Tahume V promovido polos concellos de Ribeira e Porto do Son onde destacou a importancia de mellorar a cualificación dos galegos e galegas para favorecer o seu acceso ao mercado laboral e dar resposta, á vez, ás necesidades reais dos principais sectores produtivos da Comunidade.