Publicado el 16/04/2019

TRINTA FOTOGRAFÍAS MOSTRAN NO CONSISTORIO O LABOR DO EXÉRCITO ESPAÑOL EN AFGANISTÁN

A Casa Consistorial de Riveirta conta dende hoxe cunha nova exposición: “Misión: Afganistán”, unha mostra formada por trinta fotografías que exhibe de modo ilustrativo o labor que o Exército español está desempeñando no país asiático dende que, logo dos atentados do 11-S e a ulterior ocupación deste territorio polas forzas armadas estadounidense, as Nacións Unidas autorizaron o establecemento da Forza Internacional de Asistencia para a Seguridade (ISAF) en apoio ás autoridades afganas.

Publicado el 28/03/2019

A VII VELADA DE BOXEO CIDADE DE RIVEIRA CONTARÁ CON OITO COMBATES

A sétima edición da Velada de Boxeo Cidade de Riveira terá lugar este domingo 31 de marzo no complexo polideportivo da Fieiteira. Oito serán os combates (seis masculinos e dous femininos) que poderán contemplar dende as sete da tarde os espectadores que se acheguen ata alí, segundo anunciou o seu promotor Israel Benítez, da Escola de Boxeo El Canario, durante a presentación do certame hoxe na Casa do Concello en compañía do alcalde Manuel Ruiz.