NOMEAMENTO DUN ESPAZO PÚBLICO “PLÁCIDO BETANZOS” QUE IRÁ AO VINDEIRO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE RIBEIRA O LUNS 25/02/2019

NOMEAMENTO DUN ESPAZO PÚBLICO “PLÁCIDO BETANZOS” QUE IRÁ AO VINDEIRO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE RIBEIRA O LUNS 25/02/2019

Escrito el 19/02/2019


En nome da Comisión de Homenaxe a Plácido Betanzos García comprácenos comunicar que no vindeiro Pleno da Corporación Municipal do Concello de Ribeira, que terá lugar o luns 25/02/2019, debaterase nomear un espazo público do municipio como “Plácido Betanzos”, máis concretamente será o Paseo Marítimo de Palmeira que actualmente non ten nome polo que non suporá ningún trastorno aos veciños/as, negocios ou locais que alí se atopan, sendo este tamén unha das teimas que se perseguían dende a comisión, ademais de por suposto conseguir os nosos fins principais que como sabedes eran lograr que un espazo público da súa vila natal e onde pasou a súa existencia, Palmeira, levara o seu nome, ademais de erixir nese lugar un monumento ou escultura alegórico da súa persoa, feito que agardamos tamén cumprir para o vindeiro mes de xuño, coincidindo co primeiro aniversario do seu pasamento xa que estamos a piques de seleccionar a proposta artística duns dos 6 escultores/as previamente elixidos.

O feito de que esta proposta vaia a Pleno é moi salientable, xa que culmina o traballo de varios meses realizado por todos e cada un dos membros da Comisión, ademais de responder ás numerosas iniciativas de entidades que o demandaban como é o caso da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño, o Club de Xubilados de Palmeira, Asociación Barbantia, Mulleres en Acción da Barbanza, IES Leliadoura e CIFP Coroso, Asociación de Veciños Ardora, Xuventú Aguiño, Centro Recreativo de Artes, A.C. Altofalante sendo estas so un exemplo de outras moitas entidades de carácter cultural, veciñal, recreativo ou deportivo. Tras o contacto con distintas formacións políticas con representación na Corporación Municipal contamos xa co compromiso de apoio previo de varias delas así como a dúbida de outras que debían consultalo coa súa militancia pero entendemos que se acordará cun amplo consenso este acordo aínda que nos gustará desvelar que é o que decide a corporación no seu conxunto. Co fin de dar tamén unha mostra do masivo apoio popular que existe sobre este obxectivo, quedando patente en diversos actos a opinión do conxunto da cidadanía de todas as idades como foi o caso do propio funeral, pero tamén o partido solidario celebrado en Aguiño, o acto de homenaxe da Feira do Libro, a Mostra de Teatro Francisco Lorenzo e outros, facemos un chamamento a todas aquelas persoas que nos queiran acompañar na sesión plenaria o vindeiro luns, será ás 20:00 h no salón de plenos da Casa do Concello de Ribeira pois pensamos que canto máis presenza haxa máis se mostrará o agarimo e o sentir popular que se ten por un home como Plácido e que consideramos vital para lograr co maior apoio posible o fin que nos ocupa.