PRINCIPIAN AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN NO CAMIÑO QUE UNE OS LUGARES DE CASTRO E VILAR NA PARROQUIA DE CARREIRA

PRINCIPIAN AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN NO CAMIÑO QUE UNE OS LUGARES DE CASTRO E VILAR NA PARROQUIA DE CARREIRA

Escrito el 16/04/2019


O Concello de Riveira informa de que principiaron as obra de pavimentación que une os lugares de Castro e Vilar, ambos situados na parroquia de Carreira.

 

A actuación consiste na pavimentación con aglomerado asfáltico cun espesor de 6 centímetros dun vial de terra de 445 metros de lonxitude, previo desbroce e limpeza e previa aplicación dunha capa de zahorra.

 

As obras están sendo realizadas pola empresa Canarga, S.L.. O seu orzamento ascende a 25.329 euros e o seu prazo de execución é dun mes.