A ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS DARÁ NO VIVEIRO DE EMPRESAS DÚAS XORNADAS SOBRE LINGUA DE SIGNOS E MANEXO DO ESTRÉS

A ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS DARÁ NO VIVEIRO DE EMPRESAS DÚAS XORNADAS SOBRE LINGUA DE SIGNOS E MANEXO DO ESTRÉS

Escrito el 16/04/2019


Durante o mes de maio o  Viveiro de Empresas do Concello de Riveira acollerá unhas xornadas gratuítas da Escola Galega de Saúde para Cidadáns .

 

A primeira delas terá lugar o 3 de maio, de 16.30 a 20.30 horas e versará sobre o “Manexo do Estrés e a Ansiedade”, mentres que o 31 de maio no mesmo horario realizarase outra de “Iniciación á Lingua de Signos”.

 

Inscricións

As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Riveira (Viveiro de Empresas) do 24 ao 26 de abril (de 8:00 a 15:00h)

 

As prazas asignaranse por orde de inscrición (unha persoa só poderá tramitar como máximo 2 inscricións).