TRINTA FOTOGRAFÍAS MOSTRAN NO CONSISTORIO O LABOR DO EXÉRCITO ESPAÑOL EN AFGANISTÁN

TRINTA FOTOGRAFÍAS MOSTRAN NO CONSISTORIO O LABOR DO EXÉRCITO ESPAÑOL EN AFGANISTÁN

Escrito el 16/04/2019


A Casa Consistorial de Riveirta conta dende hoxe cunha nova exposición: “Misión: Afganistán”, unha mostra formada por trinta fotografías que exhibe de modo ilustrativo o labor que o Exército español está desempeñando no país asiático dende que, logo dos atentados do 11-S e a ulterior ocupación deste territorio polas forzas armadas estadounidense, as Nacións Unidas autorizaron o establecemento da Forza Internacional de Asistencia para a Seguridade (ISAF) en apoio ás autoridades afganas.

 

A apertura da mostra contou coas intervencións tanto do alcalde Manuel Ruiz como do delegado do Ministerio de Defensa en Galicia, o coronel Antonio Bernal Martín.

 

Este último lembrou que a participación española foi acordada no Consello de Ministros de 2001 e que no 24 de xaneiro de 2002 chegaron os primeiros 350 militares españoles. “En esta operación nuestras fuerzas han proporcionado seguridad y asistencia sanitaria a la población, construido escuelas, orfanatos y pozos de agua, asegurado los procesos electorales y apoyado a las fuerzas regulares afganas en sus combates contras la insurgencia”, explicou, manifestando que “esta exposición pretende dar a conocer este trabajo y mostrar a los ciudadanos de toda España qué es lo que día a día hacen sus  fuerzas armadas”.

 

Recordo a un riveirense

Ademais, quere servir de recordo de gratitude aos 102 militares españois que perderon na vida na súa misión, 18 galegos. En especial quixo recordar ao riveirense José Ángel Martínez Parada, cabo da Brigada Galicia 7 falecido o 16 de agosto de 2005 en Afganistán.

 

Manuel Ruiz ensalzou e agradeceu o gran traballo que ven desempeñando o noso Exército e loou a calidade de mostra, que chama a atención polo que as súas fotografías transmiten acerca do labor das nosas forzas armadas.

 

A mostra permanecerá nas paredes do consistorio local ata o día 5 de maio.