O CONCELLO INVISTE 17.000 EUROS EN REPARAR OU REPOÑER LOUSAS DE GRANITO EN MAL ESTADO NAS PARROQUIAS DE CARREIRA E CASTIÑEIRAS

O CONCELLO INVISTE 17.000 EUROS EN REPARAR OU REPOÑER LOUSAS DE GRANITO EN MAL ESTADO NAS PARROQUIAS DE CARREIRA E CASTIÑEIRAS

Escrito el 22/04/2019


O Concello de Riveira vén de aprobar unha actuación dirixida á reparación ou, no seu caso, reposición das lousas e lastros de granito que segundo se ten detectado atópanse deterioradas en diversas rúas das parroquias de Castiñeiras e Carreira.

 

A decisión de optar á contratación externa destes traballos está motivada pola elevada carga de traballo que ten a día de hoxe a brigada de obras municipal. A tal efecto, solicitouse a distintas empresas un orzamento no que se detallase o custe da reparación do pavimento por metro cadrado, con e sen aproveitamento da pedra existente.

 

A adxudicación recaeu en Sonense de Granitos, S.L., que realizou unha oferta na que a reparación con aproveitamento ascende a 44,50 euros/metro cadrado e a reparación sen aproveitamento a 92,50 euros/metro cadrado ata completar unha inversión de 16.940 euros, IVE incluído.

 

As obras, que están financiadas completamente con fondos municipais, arrancarán esta semana.