A POLICÍA LOCAL DE RIVEIRA INCORPORA A DOUS NOVOS AXENTES E EN BREVE INCLUIRÁ A UN TERCEIRO POR MOBILIDADE

A POLICÍA LOCAL DE RIVEIRA INCORPORA A DOUS NOVOS AXENTES E EN BREVE INCLUIRÁ A UN TERCEIRO POR MOBILIDADE

Escrito el 24/04/2019


Tal e como sae publicado no BOP de hoxe, a Policía Local de Riveira conta dende esta semana con dous novos axentes unha vez se procedeu ao seu nomeamento oficial despois de que superasen cadanseu proceso selectivo. Trátase de Javier Bragado Díez e Daniel Vidal Bravo.

 

O seu nomeamento, como funcionarios en prácticas, comezou a surtir efectos o pasado luns, data en que dou comezo un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada, imprescindible para poder pasar a ser funcionarios de carreira.

 

Así mesmo, precisamente hoxe houbo tamén un tribunal selectivo para incorporar a un novo axente por mobilidade. Hai tres candidatos e está previsto que o profesional designado comece a prestar os seus servizos nas próximas semanas.

 

Cómpre lembrar tamén que hai un proceso selectivo en curso para outra praza de policía.

 

Auxiliares

Por outra parte, este ano van operar tamén 12 auxiliares de policía, todos por o prazo máximo que permite a lei (6 meses). Cinco deles comezaron en xaneiro, tres no presente mes de abril e os catro restantes farano a partir do verán.