A FUNDACIÓN PAIDEIA DARÁ A COÑECER OS SEUS PROGRAMAS XUVENÍS NUNHA CHARLA NO VIVEIRO DE EMPRESAS DE RIVEIRA

A FUNDACIÓN PAIDEIA DARÁ A COÑECER OS SEUS PROGRAMAS XUVENÍS NUNHA CHARLA NO VIVEIRO DE EMPRESAS DE RIVEIRA

Escrito el 25/04/2019


O martes día 30 de abril ás 18 horas está previsto que se celebre no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira unha charla informativa sobre os programas de xuventude que está a desenvolver a Fundación Paideia: programa formativo en industrias musicais, servizo de voluntariado europeo, emprego xuvenil…

 

Está dirixida a persoas de 16 a 29 anos e as interesadas en asistir poden facelo enviando un correo cos seus datos (nome e apelidos, data de nacemento e teléfono) a orientacionriveira@riveira.com ou xuventude@riveira.com. Ou ben chamando por teléfono: 981 87 14 97/ 981 83 52 89

 

Nota: A charla realizarase no caso de que haxa un número mínimo de persoas inscritas.

 

Máis información sobre a Fundación Paideia (www.paideia.es)