O CONCELLO SUBVENCIONA A CONTRATACIÓN EXTERNA DE 6 ALUMNOS DO OBRADOIRO TAHUME V PARA FACILITAR A SÚA EMPREGABILIDADE

O CONCELLO SUBVENCIONA A CONTRATACIÓN EXTERNA DE 6 ALUMNOS DO OBRADOIRO TAHUME V PARA FACILITAR A SÚA EMPREGABILIDADE

Escrito el 25/04/2019


Tal e como aparece anunciado hoxe no Boletín Oficial da Provincia, o Concello de Riveira vén de convocar a concesión de axudas a modo de incentivos para a contratación temporal por conta allea de alumado pertencente ao Obradoiro de Emprego Tahume V.

 

A finalidade destes incentivos reside en facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nestes talleres duais de emprego, que está cofinanciados pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

Carpintería e conservación de montes

A contratación temporal terá unha duración mínima de tres meses a xornada completa e as entidades beneficiaras dos incentivos á contratación poden ser persoas empregadoras ou empresas cuxa actividade estea directamente relacionada coas especialidades que se están impartindo: “Traballos de carpintería e moble” e “Actividades auxiliares en mellora e conservación de montes”.

 

As subvencións obxecto desta convocatoria ascenden a un total de 9.000 euros e o número máximo de contratos que se van subvencionar serán 6 (1.500€ por traballador).

 

As entidades interesadas dispoñen do prazo dun mes para solicitar estas axudas segundo o establecido nas bases reguladoras que están publicadas na páxina web do Concello de Riveira.

 

Cómpre lembrar que o obradoiro Tahume V principiou no pasado setembro e conta con nove meses de duración. Compartido polos concellos de Riveira e Porto do Son, nel están a formar un total de vinte persoas alumnas-traballadores, dez na especialidade de carpintería e moble e as outras dez na mellora e conservación de montes.