SUBSTITUÍDAS AS OXIDADAS REIXAS METÁLICAS DA PISTA DO TOURO POR OUTRAS DE PEDRA

SUBSTITUÍDAS AS OXIDADAS REIXAS METÁLICAS DA PISTA DO TOURO POR OUTRAS DE PEDRA

Escrito el 25/04/2019


O Concello de Riveira vén de contratar unha nova actuación consistente no subministro e instalación dunhas reixas de pedra na pista deportiva do Touro que substitúen ás antigas reixas metálicas, xa moi deterioradas e oxidadas.

 

A proximidade do mar fixo aconsellable este cambio nos materiais para facer a estrutura máis resistente á proximidade da costa, ademais de harmonizar co peche da pista, tamén de pedra.

 

A empresa encargada dos traballos, que xa deron comezo coa instalación das reixas inferiores, foi Sonense de Granitos, S.L.. Supón un investimento de 10.074 euros, IVE incluído.