A Deputación da Coruña destina 5,8 millóns para mellorar a seguridade da rede provincial de estradas

A Deputación da Coruña destina 5,8 millóns para mellorar a seguridade da rede provincial de estradas

Escrito el 26/04/2019


O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe investimentos por un importe global de 5.859.157,93 euros para a execución de distintas obras de ampliación e mellora da seguridade vial na rede provincial de estradas.

 

As obras aprobadas hoxe permitirán mellorar a seguridade vial en estradas dos concellos de Boimorto, Dumbría, Negreira, As Pontes, Culleredo, Sobrado dos Monxes, Ares e Ferrol. Os proxectos aprobados son os seguintes:

 

 

 

Mellora da capa superficial de rodadura na DP 1002 da estrada AC-234 Arzúa-Corredoiras á Gandara

 

BOIMORTO

Orzamento: 104.548,72 €   

 

 

Renovación da capa de rodadura da estrada entre os PQ 0+000 e 0+900, mediante o fresado e reposición previa das zonas deterioradas e a posterior execución dunha nova capa de rodadura con mezcla bituminosa en quente e reposición da sinalización horizontal.

 

 

Mellora da DP 2302, de Hospital a Brens, entre os PQ 2+100 e o PQ 5+890

 

DUMBRÍA

Orzamento: 995.368,84 €   

 

As actuación proxectadas levaranse a cabo na DP-2302, que une os núcleos de Hospital e Brens, entre os PK 2+100 e 5+890. Consisten na mellora da estrada, aumentando a sección actual dotándoa de dous carrís de circulación con 3 metros de ancho e beiravías de 0,50 metros, e na modificación de catro interseccións, co suavizado de curvas e a execución de carrís de espera e cuñas para facilitar as incorporación e mellorar a visibilidade, Ademais, repoñerase o firme en toda a zona de actuación.

 

O obxectivo desta actuación é mellorar as condicións de seguridade viaria na zona, garantindo a coexistencia de peóns e automóbiles e mellorando a funcionalidade en certos tramos da estrada.

 

 

 

Ampliación e mellora da seguridade vial na DP 5602 Negreira a Pontenafonso PQ 6+105 ao 8+630 (Negreira)

 

NEGREIRA

Orzamento: 1.266.128,78 €   

 

 

As obras suporán a ampliación da plataforma da estrada nun tramo de 2,5 quilómetros que vai dende o PK 6+105 ao 8+630, preto da ponte Barbazán, dotando ao vial dunha calzada de 7 metros de ancho e arcéns de 0,5 metros naqueles puntos nos que a liña de planeamento o permita. Levaranse a cabo tamén traballos de corrección de trazado nas curvas máis perigosas, acondicionamento de drenaxe lonxitudinal e transversal da vía e sinalización.

 

A Deputación xa acometeu, entre 2008 e 2010, obras de ensanche e mellora nos seis primeiros quilómetros desta estrada, pertencentes ao termo municipal de Negreira. O obxectivo desta segunda fase é facer o vial máis seguro para os numerosos vehículos que circulan cada día por él e adaptar o ancho da plataforma ao xa executado nos primeiros seis quilómetros.

 

 

Ampliación de plataforma e mellora de trazado na estrada DP 1802 Veiga de Cabana ás Pontes de García Rodríguez PQ 0+000 ao PQ 8+808

 

AS PONTES

Orzamento: 1.462.425,89 €   

 

 

Ampliación da plataforma actual da estrada, de entre 4 e 5 m de anchura, no tramo comprendido entre o inicio da estrada (Goente) e o núcleo de A Faeira situado no PQ 8,800, a un ancho de 8 metros (calzada de 7 m e beiravías de 0,5 m), e melloras puntuais nos tramos de curvas de radio reducido ao obxecto de mellorar a visibilidade actual moi reducida.

 

Inclúe a renovación da pavimentación.

 

  

Acondicionamento e mellora da seguridade vial na DP 3109 do PK 6+850 ao 7+650

 

CULLEREDO

Orzamento: 291.695,03 €   

 

 

As obras suporán a construción dunha senda peonil entre os PK 6+850 e 7+650 da DP-3019 ao seu paso polos núcleos de Peiro e Veiga. Nas entradas a garaxes e fincas o pavimento será substituído por adoquín prefabricado sobre formigón para evitar a fisura do primeiro debido ás cargas de tráfico que soportará. O pavimento da estrada, que constará de 2 carrís de 3 metros de ancho separados da senda por un bordillo, simplemente se acondicionará xa que actualmente atópase en bo estado.

 

O obxectivo desta actuación é dotar ás numerosas vivendas existentes na zona dun viario peonil seguro a ambas marxes da calzada.

 

 

 

Ensanche e mellora seguridade viaria na DP 8001 Cruces a Penablanca PQ 3+200 a PQ 7+910

 

SOBRADO

Orzamento: 544.614,44 €   

 

 

O proxecto consiste na ampliación da palataforma existente da estrada, actualmente cun ancho entre 4 e 5 metros, a un ancho de 7-8 metros. O tramo obxecto da ampliación sitúase entre o PQ 3+200 e o PQ 7+910 (final da estrada). O pavimento proxéctase con regos con gravilla, inclúense canalización de pluviais en algún tramo e pequenas contencións con escollera.

 

 

Senda Peonil na DP 0401 Ares-Redes (Ares) 2º FASE

ARES

Orzamento: 624.100,64 €   

 

Realización dunha senda peonil de 2 m de anchura na marxe dereita ao longo da estrada, na que o volume de tráfico e peatóns é elevado, especialmente no verán, e onde actualmente non existe ningunha zona habilitada para o tráfico de peatóns nin beiravías.

 

O firme proxectado da senda é de mestura bituminosa en quente. Inclúe reposición de servizos afectados e canalización de pluviais.

 

 

Travesía na DP 3612 de Aneiros a Cabana. (Ferrol). 3ª FASE

 

FERROL

Orzamento: 560.275,59 €   

 

 

As obras incluirán a construcción dunha travesía mediante a ampliación da plataforma, execución de beirarrúas e aparcamento no treito comprendido entre o PQ 1,180 (intersección coa estrada a Balón) e o PQ 1,640. No treito existen numerosas vivendas e non ten na actualidade unha infraestrutura adecuada para peatóns. Incluése reposicións de servizos e canalización de pluviais.