A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá sábado dous pases do espectáculo “Os fabulosos cleaners

A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá sábado dous pases do espectáculo “Os fabulosos cleaners

Escrito el 26/04/2019


A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá sábado 27 de abril dous pases do espectáculo “Os fabulosos cleaners”, de Malasombra Produccións. Para facilitar a asistencia, o Concello de Lousame puxo a disposición da cidadanía invitacións para a actuación, polo que o aforo para a primeira actuación (ás 17:00 horas) xa está completo. Aínda quedan butacas libres para o pase das 19:00 horas, para as persoas que se acheguen pola casa da cultura.

 

“Os fabulosos cleaners” está dirixido por Marcos Orsi e Xoque Carbajal, sobre unha idea orixinal de Luís Beviá e o propio Xoque Carbajal. Trátase dun espectáculo cheo de cor e humor  no que, durante unha hora, o público goza dun espectáculo de máxicas burbullas: pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando por todo escenario. Producido por Malasombra Produccións, a actuación está organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña.