A ORQUESTRA PLATINUM COMEZARÁ A SÚA NOVA TEMPADA NA TERCEIRA EDICIÓN DA NOITE NOVA

A ORQUESTRA PLATINUM COMEZARÁ A SÚA NOVA TEMPADA NA TERCEIRA EDICIÓN DA NOITE NOVA

Escrito el 29/04/2019


A orquestra riveirense Platinum vai comezar a súa nova tempada en casa: farao na Noite Nova que por terceira edición recala na nosa cidade.

 

A actividade, organizada polo Concello, foi presentada hoxe polo edil de Educación, David Fernández. Celebrarase o vindeiro 11 de maio a partir das 22 horas no paseo do Malecón.

 

Os representantes da formación musical, Martín Silva e Javier Rego, amosaron a súa satisfacción por comezar no seu municipio e anunciaron que haberá moitas novidades no repertorio, ademais de novas incorporacións como a de Rober e Úrsula.

 

Local de ensaio

David Fernández explicou que Platinum é un dos catro grupos que está a utilizar o local de ensaio de acordo co novo sistema de xestión. Pronto se incorporarán novos usuarios procedentes do Espazo Xuvenil.

 

Está previsto que a actuación se prolongue ata as dúas da madrugada.