Comezan as obras de ampliación da ponte de Berrimes (Lousame)

Comezan as obras de ampliación da ponte de Berrimes (Lousame)

Escrito el 29/04/2019



O Concello de Lousame informa do inicio hoxe das obras de ampliación da ponte de Berrimes (Lousame) na DP-4202, polo que a estrada estará pechada á circulación de vehículos mentres duren os traballos. O corte da estrada producirase ao longo do día de hoxe luns.

 

Dende o Concello de Lousame se fixeron todos os trámites e xestións precisas para a realización desta ampliación da ponte de Berrimes, adxudicada pola Deputación Provincial da Coruña á empresa Nexia Infraestruturas SLU por 173.402,08 euros. As obras contemplan a demolición da actual ponte sobre o rego Pesqueira e a súa substitución por unha obra de maiores dimensións que permita o paso simultáneo e en condicións de seguridade de vehículos e peóns. Os traballos incluirán tamén o acondicionamento da estrada DP-4202 para ampliar o seu ancho, co obxecto de acadar os 12 metros nas inmediacións da nova ponte.

 

A ponte actual, emprazada no punto quilométrico 1+800 da DP-4202, ten unhas dimensións reducidas, polo que impide o paso simultáneo de vehículos e peóns en condicións de seguridade. De feito, o tránsito dos peóns discorre polos arcéns sen pavimentar nos laterais da estrada que, ao ser á vez moi estreito, provocan que as máis da veces circulen polo borde da estrada, co risco de atropello que iso supón.

 

O Concello de Lousame xa actuara previamente na zona a pasada lexislatura, pero a ponte non se acometera daquela porque  precisaba dun financiamento e duns permisos especiais, polo que se solicitou á Deputación que o acometera con posterioridade.