RECIBIMENTO AO CLUB KEMPO BARBANZA NO SALÓN DE PLENOS DA CASA DO CONCELLO

RECIBIMENTO AO CLUB KEMPO BARBANZA NO SALÓN DE PLENOS DA CASA DO CONCELLO

Escrito el 29/04/2019


O Club Kempo Barbanza foi obxecto esta tarde dun merecido recibimento no salón de plenos da Casa Consistorial logo da súa exitosa participación no 16th IKF World Kempo Champioships & World Cup, celebrado en Guadalajara (Castela A Mancha), onde a entidade deportiva logrou un total de 26 medallas.

 

Nun acto que contou coas intervencións dos técnicos Iván Parada e Miguel Pérez, así como a asistencia de numerosos pais, nais, achegados e familiares que encheron o salón de sesións, o alcalde Manuel Ruiz felicitou a todos os que loitadores destacando a importancia do esforzo para lograr tan bos resultados. Así mesmo, o rexedor municipal entregou unha figura representando a Serea de Sálvora a modo de obsequio institucional.

 

O acto concluíu con varias ‘fotos de familia’ dentro e no exterior do consistorio municipal.