O ALUMNADO DEMOSTROU O SEU TALENTO DURANTE A CLASE ABERTA NO DÍA DA DANZA

O ALUMNADO DEMOSTROU O SEU TALENTO DURANTE A CLASE ABERTA NO DÍA DA DANZA

Escrito el 29/04/2019


A Escola Municipal de Ballet situada no Conservatorio rendeu esta tarde unha homenaxe a esta disciplina artística o vindeiro luns 29 de abril, Día Internacional da Danza, cunha clase aberta con participación dunha vintena de alumnas e alumnos con idades comprendidas entre os 4 e os 8 anos.

 

Baixo a dirección da mestra Cristina Riveiro, a rapazada demostrou o seu bo quefacer nun día especial ao conmemorarse unha efeméride que recorda o nacemento en 1727 do bailarín considerado o creador do ballet moderno, George Noverre.