400 rapaces da provincia participarán este verán na Coruña nos campamentos deportivos da Deputación

400 rapaces da provincia participarán este verán na Coruña nos campamentos deportivos da Deputación

Escrito el 30/04/2019


Catrocentos rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña participarán este verán nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña.

 

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse durante o mes de xullo no Centro Calvo Sotelo da Deputación, ubicado na cidade da Coruña, en catro quendas de 5 días de duració. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 31 de maio nos concellos.

 

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de activades que inclúe dende a práctica da natación, o tenis, o sendeirismo ou deportes naúticos ata xornadas de praia, obradoiros, actividades e visitas culturais a centros de interese cultural na cidade e a comarca da Coruña coma a Torre de Hércules, o castelo de San Antón ou o Aquiarium Finisterrae.

 

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos desenvolverán actividades e xogos que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias.

 

En cada quenda participarán un total de 100 rapaces, que estarán supervisados en todo momento por monitores titulados e o un director/a de campamento.

 

Catro quendas durante o mes de xullo

 

Os campamentos desenvolveranse en catro quendas de cinco días de duración, segundo o seguinte calendario:

 

 

 

 

 

 

 

QUENDAS

 

 

CONCELLOS

1ª QUENDA

(do 30 de xuño ao 5 de xullo)

Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, A Coruña, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Outes, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

2ª QUENDA

(do 7 ao 12 de xullo)

Abegondo, Ares, Betanzos, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Irixoa, Mañón, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Paderne, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

3ª QUENDA

(do 14 ao 19 de xullo)

Aranga, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Boimorto, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Frades, Melide, Mesía, O Pino, Oleiros, Ordes, Oroso, Ozacesuras, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.

4ª QUENDA

(do 21 ao 26 de xullo)

Ames, A Baña, Boiro, Boqueixón, Brión, Dodro, Lousame, Negreira, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Riveira, Rois, Santiago, Teo, Tordoia, Trazo, Val do Dubra e Vedra

 

 

 

 

Máis información en www.dacoruna.gal/deportes