O CONSERVATORIO DE MÚSICA DE RIVEIRA PASARÁ A CHAMARSE “ENRIQUE PAISAL” EN HOMENAXE AO SEU DIRECTOR FUNDACIONAL

O CONSERVATORIO DE MÚSICA DE RIVEIRA PASARÁ A CHAMARSE “ENRIQUE PAISAL” EN HOMENAXE AO SEU DIRECTOR FUNDACIONAL

Escrito el 30/04/2019


O Conservatorio Música de Riveira vai ser escenario este venres 3 de maio do acto de nomeamento do centro como “Enrique Paisal”, dando cumprimento así a un acordo plenario da Corporación Municipal adoptado o pasado ano para que o mesmo leve o nome de quen foi o seu primeiro director e logo de que no pasado mes de marzo a Consellería de Educación da Xunta autorizase tal cambio de denominación.

 

O acto terá lugar ás 19 horas e incluirá un concerto do alumnado do conservatorio e outro da Coral Polifónica Municipal, que dirixe actualmente o gran músico palmeirán, co que ten actuado en lugares como Portugal, Estados Unidos e distintos puntos da xeografía española.

 

Nado en 1938, Enrique Paisal foi un dos fundadores en 1958 do mítico grupo musical Los Tamara cos que chegou a tocar en salas lendarias como o Casino de Orán, o Negresco de Casablanca, Las Conchas de Tánxer, Sporting de Montecarlo e incluso no Olympia de París, onde o grupo compartiu cartel con colosos da música como Jacques Brel ou Charles Aznavour.

 

A entrada a este homenaxe é libre e dende o Concello se quere convidar á poboación a que participen neste merecido tributo.