O MAIO CULTURAL DESEMBARCARÁ EN RIVEIRA CON 36 ACTIVIDADES PARA HONRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS AO LONGO DUN MES

O MAIO CULTURAL DESEMBARCARÁ EN RIVEIRA CON 36 ACTIVIDADES PARA HONRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS AO LONGO DUN MES

Escrito el 30/04/2019


Un ano máis desembarcará no noso municipio o tradicional Maio Cultural que nesta ocasión traerá un total de 36 actividades coas que honrar o mes no que se conmemora o Día das Letras Galegas, nesta ocasión dedicado a Antonio Fraguas.

 

O alcalde Manuel Ruiz e o edil David Fernández presentaron este calendario de eventos coorganizado dende os departamentos de Cultura e Xuventude. O rexedor municipal fixo fincapé en que con esta iniciativa e coas que se celebrarán a continuación (o Xuño da Cultura e as Artes e a Fiestra da Cultura) “Riveira ponse no máis alto da programación cultural de Galicia”.

 

Entre as novidades cómpre destacar o chamado “Festivaliño”, un festival de cine infantil inclusivo que percorrerá as distintas parrroquias do municipio.

 

Ademais, haberá numerosas actuacións musicais como, por exemplo, o III Festival Interritmos de baile e música tradicional que haberá este sábado na praza da Porta do Sol da man de Deloa, o Concerto das Letras Galegas coas corais municipal e da illa de Arousa, un recital da Aula Galega de Saxofón, a Noite Nova co grupo local Platinum , unha ruada do grupo Andavía un espectáculo de Cantigas e Agarimos.

 

Exposicións, contacontos, concursos literarios, representacións teatrais e moitas outras iniciativas conforman unha programación de carácter gratuíto na que se atopan propostas atractivas para calquera tipo de público.

 

PROGRAMACIÓN COMPLETA:

 

MAIO CULTURAL 2019

 

3 de maio, venres

 

Acto de nomeamento do Conservatorio Municipal Enrique Paisal

19.00 h

R/Miguel Rodríguez Bautista, 21. Riveira

 

4 de maio, sábado

 

Festivaliño en Oleiros

Festival de cine infantil inclusivo. Vinde ver as pelis e votade pola vosa favorita!

11.30 h a 13.30 h

Centro Social de Oleiros, fronte á Igrexa

 

Biblioteca Municipal

12.00 h

A Festa das Letras Galegas. Servizo de Normalización Lingüística.

Contacontos para nenas e nenos de 3 a 12 anos

 

Festivaliño en Artes

Festival de cine infantil inclusivo

17.00 h a 20.00 h

Centro Recreativo de Artes

 

Praza da Porta do Sol (en caso de chuvia: Auditorio Municipal)

20.45 h

III Festival Interritmos de baile e música tradicional

Concurso Cultivando Música + Foliada(bases en: www.deloa.es)

 

5 de maio, domingo

 

Festivaliño en Corrubedo

Festival de cine infantil inclusivo

11.30 h a 13.30 h

Na porto deCorrubedo

 

Festivaliño en Olveira

Festival de cine infantil inclusivo

17.00 h a 20.00 h

Casa da Cultura de Olveira. Comunidade de Montes de Olveira

 

9 de maio, xoves

 

Intercambio Escolar Eixo Atlántico. Riveira recibe a Santa María da Feira

Recepción na Casa do Concello ás 12.00 h o día 9 de maio

: Visita ao Paseo de Coroso ás 16.00 h do 10 de maio (tamén público xeral):“A xeomorfoloxía, o patrimonio natural e o ecosistema da ría de Arousa”.

 

10 de maio, venres

 

Conservatorio Municipal

20.30 h

Aula Galega de Saxo. Rodrigo Vila e David Brutti

 

11 de maio, sábado

 

Festivaliño en Palmeira

Festival de cine infantil inclusivo

11.30 h a 13.30 h

Ao carón da Sociedade Fillos de Palmeira

 

Biblioteca Municipal

12.00 h

Os contos de Daniel. Daniel Gómez Ramil.

Contacontos para nenas e nenos de 3 a 12 anos

 

Festivaliño en Castiñeiras

Festival de cine infantil inclusivo

17.00 h a 20.00 h

Ao carón da Casada Cultura de Castiñeiras

 

Auditorio Municipal

19.30 h

Concerto das Letras Galegas

Coral Polifónica Municipal de Riveira e Coral Polifónica Municipal da Illa da Arousa

: Un gran repertorio nas mellores voces.

 

III Noite Nova. Concellería de Xuventude

22.30 h

Actuación da orquestra Platinum

Malecón de Riveira

 

12 de maio, domingo

 

Festivaliño en Aguiño

Festival de cine infantil inclusivo

11.30 h a 13.30 h

Ao carón da  : Conservatorio-Aula de Música de Aguiño

 

Festivaliño Carreira

Festival de cine infantil inclusivo

17.00 h a 20.00 h

Ao carón da Casada Cultura de Carreira

 

14 de maio, martes

 

Auditorio Municipal

10.00 h

Language Planning, Quinquilláns.

Baseado nos relatos de Made in Galiza de Sechu Sende.

Rede Cultural da Deputación da Coruña

Para rapazas e rapaces de ensino secundario

 

16 de maio, xoves

 

Auditorio Municipal

10.00 h

Festival CEIP O Grupo

Actuacións do alumnado do centro de ensino

 

17 de maio, venres

 

Grupo de Música Tradicional Andavía

11.30 h a 14.00 h

Ruada polo centro de Riveira!

 

Festivaliño na Praza do Concello

Festival de cine infantil inclusivo

11.30 h a 13.30 h

Para que as nenas e os nenos escollan as mellores pelis!

 

Praza do Concello

12.00 a 14.00 h

Obradoiros das Letras Galegas

Coñecemos a obra de Antonio Fraguas mentres nos divertimos!

 

As Letras galegas en Carreira

12.00 a 14.00

Inchables na Casada Cultura de Carreira

Como nos divertimos facendo exercicio nos inchables!

 

As Letras Galegas en Aguiño

16.30 a 19.30 h

Inchables Parque do Conservatorio-Aula de Música de Aguiño

Como nos divertimos facendo exercicio nos inchables!

 

Festivaliño na Praza do Concello

Festival de cine infantil inclusivo

17.00 h a 20.00 h

Para que as nenas e os nenos escollan as mellores pelis!

 

Auditorio Municipal

19.00 h

Os romeiros do caracol. Fantoches Baj

Unha viaxe imaxinaria polos cantos e contos recollidos por Antonio Fraguas

Para público infantil e familiar

 

18 de maio, sábado

 

Biblioteca Municipal

12.00 h

Contando números, cantando cores. Pablo Díaz

Contacontos para nenas e nenos de 3 a 12 anos

 

Auditorio Municipal

19.00 h

Puño Puñete. Baobab Teatro

Rede Cultural da Deputación da Coruña

Para público infantil e familiar

 

19 de maio, domingo

 

Praza da Porta do Sol (en caso de chuvia: Auditorio Municipal)

18.00 h

Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

Danza 3 da AGADIC

Espectáculo coa mellor música e baile tradicional no Maio Cultural

 

22 de maio, mércores

 

Conservatorio Municipal

18.30 h

Audición de alumnas e alumnos

 

23 de maio, xoves

 

Auditorio Municipal

11.00 h

Entrega de premios do Concurso Literario Escolar das Letras Galegas 2019. Antonio Fraguas

Para os centros de ensino participantes no certame literario

Canta, miña pedra, canta. Xoán Curiel e Charo Pita. Baseado nos textos de Charo Pita

 

25 de maio, sábado

 

Biblioteca Municipal 12.00 h. Contacontos para bebés (0 a 3 anos) e familias

Nano vai á escola. Raquel Queizás.

Rede Cultural da Deputación da Coruña

SUBIR: Contacontos para bebés (0 a 3 anos) e familias

 

Auditorio Municipal

19.00 h

Intercambio Cultural. Rockschool Ribeira e Rockschool Oleiros

Música interpretada polo alumnado

 

EXPOSICIÓNS

 

Centro Cultural Lustres Rivas

Horario: de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 h. Sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 h

 

Do 3 ao 25 de maio

Exposición do XV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo da Deputación da Coruña

 

Do 29 de maio ao 15 de xuño

Exposición XII Certame de Artesanía Antonio Fraguas da Deputación da Coruña

Inauguración ás  21.00 h

 

Biblioteca Municipal de Riveira

Horario: de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 21 h. Sábados de 9 a 14 h

 

O insigne etnógrafo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019 é o protagonista destas exposicións:

 

Do 1 ao 31 de maio

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Exposición bibliográfica

 

Do 1 ao 31 de maio

Antonio Fraguas para nenas e nenos. Exposición promovida pola SXPL da Xunta de Galicia