A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN ITINERARIO PEONIL ENTRE TALLÓS E BEXO, NO CONCELLO DE DODRO, CUN INVESTIMENTO DE CASE 230.000 EUROS

A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN ITINERARIO PEONIL ENTRE TALLÓS E BEXO, NO CONCELLO DE DODRO, CUN INVESTIMENTO DE CASE 230.000 EUROS

Escrito el 01/05/2019


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras para a construción dun itinerario peonil e ciclista na estrada AC-305, entre Tallós e Muro Novo por un investimento de case 230.000 euros.

 

Os traballos comezarán nas vindeiras semanas. As actuacións, que se adxudicaron á empresa Construcciones Cernadas S.L., teñen un prazo de execución de cinco meses.

 

A actuación prevé a execución de 3 tramos de senda, que xunto cos tramos xa existentes, permitirán completar un itinerario peonil na marxe dereita da estrada AC-305 entre os lugares de Tallós e Bexo.

 

As sendas que se van construír suman máis de 1,5 quilómetros e terán 2 metros de largo, iniciándose a actuación á  entrada de Tallós, entre os puntos quilométricos 2+450 a 2+570, seguindo de Tallós a Muronovo, puntos quilométricos 2+920 a 3+630, e rematando no tramo de Mo a Bexo, puntos quilométricos 5+155 a 5+875.

 

Ademais, colocaranse unha tubaxe para canalizar as augas de drenaxe, así como unha canalización que permita nun futuro a instalación de alumeado se é preciso.

 

Cómpre lembrar que esta actuación aprobada polo Executivo autonómico se enmarca na estratexia deseñada pola Xunta para a promoción de contornos urbanos seguros, fomento da mobilidade sustentable e a mellora da accesibilidade e calidade de vida da cidadanía.