FABIOLA GARCÍA GARANTE O COMPROMISO DA XUNTA POR UNHA GALICIA CADA VEZ MÁIS COIDADOSA COAS PERSOAS MAIORES

FABIOLA GARCÍA GARANTE O COMPROMISO DA XUNTA POR UNHA GALICIA CADA VEZ MÁIS COIDADOSA COAS PERSOAS MAIORES

Escrito el 01/05/2019


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe o esforzo da Xunta por construír unha Galicia cada vez máis coidadosa e atenta ás inquedanzas das persoas maiores. Fíxoo durante unha nova xuntanza de confraternidade para as veciñas e veciños de máis idade do municipio coruñés, que celebrou a súa edición número 19.

 

Fabiola García sinalou que o obxectivo é continuar a achegar á porta da casa os recursos que os maiores precisan no seu día a día para que así poidan permanecer nas súas contornas e ao carón das súas familias e amizades. Neste sentido, referiuse ao reforzo de programas como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o Xantar na casa, a creación das Casas do Maior ou o notable incremento das achegas económicas por dependencia.

 

A conselleira sinalou que os maiores constitúen un dos piares fundamentais de Galicia e garantiu o compromiso da Xunta de seguir a avanzar na mellora da calidade de vida e do benestar destas persoas.