ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN EN INSUELA E RÚA RIOAZOR EN PALMEIRA

ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN EN INSUELA E RÚA RIOAZOR EN PALMEIRA

Escrito el 02/05/2019


O Concello de Riveira informa da adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación destinada á pavimentación das rúas Insuela e Rioazor, ambas situadas na parroquia de Palmeira.

 

De entre  as 16 ofertas presentadas, a que obtivo unha mellor clasificación foi Nemesio Ordóñez, S.A.. A obra comportará un investimento de 79.487 euros, IVE incluído, financiados no marco   do Plan complementario ao Plan Provincial da Deputación 2017. O seu prazo de execución son dous meses.

 

As rúas obxecto desta intervención posúen un pavimento bastante deteriorado nalgúns tramos, polo que se persegue mellorar o seu firme actual pavimentándoas cunha nova capa de aglomerado asfáltico de 6 centímetros de espesor, previo fresado do pavimento actual.