RENOVACIÓN DE DOCE XOGOS DOS PARQUES BIOSAUDABLES DE PEDRA PATEIRA E COROSO

RENOVACIÓN DE DOCE XOGOS DOS PARQUES BIOSAUDABLES DE PEDRA PATEIRA E COROSO

Escrito el 02/05/2019


O Concello de Riveira deu luz verde en xunta de goberno local de doce xogos moi deteriorados dos parques biosaudables situados nos parques de Coroso e Pedra Pateira.

 

En cada unha destas áreas recreativas instalaranse seis novos xogos. No caso de Coroso, serán un temón, un xinete, unha elíptica, un elevador oscilante, unha cadeira de empuxe vertical dobre e unha cadeira de empuxe horizontal dobre; mentres que no caso de Pedra Pateira os elementos a colocar serán un temón, unhas rodas, un xinete, unha cadeira de empuxe horizontal dobre, un fortalecedor de pernas dobre e unha cadeira de empuxe vertical dobre.

 

Todos os xogos están feitos en aceiro galvanizado en quente para resistir as condicións climáticas de ambos parques, situados en fronte do mar.

 

Comporta un investimento 13.325 euros, IVE incluído.