A Deputación licita o Plan de Conservación de Vías Provinciais, cun orzamento de 7,9 millóns de euros

A Deputación licita o Plan de Conservación de Vías Provinciais, cun orzamento de 7,9 millóns de euros

Escrito el 03/05/2019


A Deputación da Coruña vén de abrir o proceso de licitación pública do Plan de Conservación de Vías Provinciais para o ano 2019, dotado cun orzamento de 7.899.525 euros.

 

A licitación realízase de forma integramente electrónica, a través da Plataforma de Contratación do Estado (www.contrataciondelestado.es), tal como establece a nova Lei de Contratos de Sector Público. Nesta plataforma publícanse os pregos, anuncios de licitación, consultas a provedores e desenvólvense todos os trámites ata a adxudicación definitiva do contrato.

 

O deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial, José Manuel Pequeño, explicou que este programa contempla a execución de traballos de mantemento, mellora do firme e reparación de baches nos máis de 2.000 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a “mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria nas estradas coruñesas e reducir a sinistralidade", afirmou.

 

Pequeño lembrou que ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación ten en marcha un programa destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais. Estas tarefas son obxecto dun contrato independente do Plan de Conservación, co obxectivo de mellorar e axilizar este servizo no que se inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas, para facilitar a visibilidade e a circulación, evitar a propagación de incendios e incrementar a drenaxe de augas pluviais.

 

4.000 euros por quilómetro

 

O Plan de Conservación de Vías Provinciais suporá un investimento de preto de 4.000 euros por quilómetro, destinados integramente á reparación e mantemento das estradas dos concellos coruñeses, divididos en 36 grupos.

 

GRUPO DE ESTRADAS

ORZAMENTO

GRUPO 1A ORTIGUEIRA

200.609,55

GRUPO 1B CARIÑO

214.894,48

GRUPO 2 MAÑON E AS PONTES

217.884,59

GRUPO 3 CEDEIRA, CERDIDO E VALDOVIÑO

245.276,30

GRUPO 4 FERROL E NARON

230.348,44

GRUPO 5 MOECHE, SAN SADURNIÑO E AS SOMOZAS

241.305,01

GRUPO 6 ARES, FENE,MUGARDOS E NEDA

130.796,39

GRUPO 7 CABANAS, MIÑO, PADERNE E PONTEDEUME

282.837,46

GRUPO 8 IRIXOA, MONFERO E VILARMAIOR

271.426,11

GRUPO 9 OLEIROS E SADA

330.081,25

GRUPO 10 CAMBRE, BERGONDO E BETANZOS

306.192,69

GRUPO 11 ABEGONDO, CARRAL E OZA-CESURAS

310.824,32

GRUPO 12 ARANGA, BETANZOS, COIROS, CURTIS E OZA-CESURAS

344.535,44

GRUPO 13A FRADES, ORDES, OROSO E O PINO

137.086,89

GRUPO 13B BOIMORTO, MESIA E VILASANTAR

132.894,57

GRUPO 14 MELIDE, SANTISO, SOBRADO E TOQUES

187.381,57

GRUPO 15 ARZUA, BOQUEIXON, O PINO E TOURO

262.174,84

GRUPO 16 ARTEIXO, A CORA E CULLEREDO

397.066,34

GRUPO 17 CARBALLO, CERCEDA E LARACHA

405.971,93

GRUPO 18 CABANA, MALPICA E PONTECESO

214.788,12

GRUPO 19.- CAMARIÑAS, LAXE, MUXÍA E VIMIANZO

140.776,78

GRUPO 20.- CEE, CORCUBIÓN, DUMBRÍA E MAZARICOS

173.378,30

GRUPO 21 AMES, A BAÑA, NEGREIRA E VAL DO DUBRA

224.437,30

GRUPO 22 ORDES, SANTIAGO, TORDOIA, TRAZO E VAL DO DUBRA

296.560,81

GRUPO 23 MAZARICOS, MUROS E OUTES

195.05,37

GRUPO 24 BOIRO, LOUSAME E NOIA

175.632,36

GRUPO 25 BRION, DODRO, PADRON E ROIS

244.910,61

GRUPO 26 AMES, SANTIAGO,TEO E VEDRA

307.312,79

GRUPO 27 BOIRO E RIANXO

154.762,70

GRUPO 28 POBRA, PORTO DO SON E RIBEIRA

450.439,06

GRUPO 34.- DP 1914 CARBALLO A PORTOMOURO

181.528,37

GRUPO 35.- CORISTANCO, SANTA COMBA E ZAS

99.331,77

GRUPO 36.- D.P.3404.- SERRA DE OUTES A DUMBRÍA

190.983,47

TOTAL

7.899.525,98