ADXUDICADAS AS OBRAS DE SANEAMENTO NA PONTE NA PARROQUIA DE ARTES

ADXUDICADAS AS OBRAS DE SANEAMENTO NA PONTE NA PARROQUIA DE ARTES

Escrito el 03/05/2019


O Concello de Riveira informa da adxudicación dunha nova actuación consistente na instalación de saneamento no lugar coñecido como A Ponte, na parroquia de Artes.

 

Actualmente, este punto carece de rede de saneamento, co cal se fai necesario proporcionar aos veciños este servizo. Farase a través dun colector de 45 metros de lonxitude que conducirá por gravidade as augas residuais ata o pozo de bombeo existente na zona.

 

As obras foron adxudicadas a Excavaciones Nima, S.L., e implican un investimento de 31.062 euros. O seu prazo de execución son catro meses.